OBITUARIO
Un mundo para Echenique
OBITUARIO
Galicia perde a un dos bos e xenerosos. A un dos que traballaron firmemente pola consolidación democrática, polo estado do benestar, pola igualdade de oportunidades. A un referente político coherente, dialogante e conciliador; afeito a pensar e reflexionar lonxe de dogmas e extremismos. A un socialista comprometido, que puxo a ética e a xustiza social como bandeira dos seus valores e principios.
Con moita tristura recibín a nova do adeus de Antonio Rodríguez, compañeiro e referente, de cuxa amizade e complicidade puiden desfrutar ata os seus últimos días.
Deputado e senador ata finais do século XX, chegou a ser secretario xeral do PSdeG nos anos 80 e continuou sempre comprometido cos valores do socialismo democrático. Así o fixo tamén neste século XXI cando, afastado da primeira liña política, mantivo o seu maxisterio e pedagoxía cívica, sen buscar protagonismo, pero constituíndose como referente político e ético do socialismo ourensán e galego.
Ourense foi o seu fogar, e moito loitou por esta provincia e por cada un dos seus concellos. Coñecía ben as dificultades e penurias doutras épocas e traballou arreo polos servizos públicos, pola igualdade, polo benestar. Viu como dende a transición conseguíronse importantes avances polos que loitou en ámbitos como a educación e sanidade públicas ou as pensións e infraestruturas, pero tamén foi consciente das moitas dificultades existentes e dos retos que se albiscan para o futuro. Así que hoxe o socialismo galego e ourensán están de loito.
Este Nadal, Antonio trasladoume o seu pésame polo pasamento de meu pai. Sentía non poder acompañarme, dadas as complicacións da súa saúde, pero non dubidou en amosarme o seu agarimo en forma de recordos con quen, coma el, mestre de profesión e socialista comprometido, traballou por deixar un país mellor para as xeracións máis novas.
Desgrazadamente, non poderemos volver conversar sobre esas experiencias políticas compartidas hai corenta anos; nin tampouco sobre como orientar o presente e o futuro. Pero o meu agradecemento pola súa lealdade e afecto, e o meu recoñecemento pola súa traxectoria, manteranse para sempre.
O pasamento de Antonio Rodríguez lémbranos que Ourense e Galicia necesitan de referentes coma el, con ideas e valores nobres, dispostos a antepoñer o interese xeral ao particular e a traballar polo ben común con integridade e honradez. En tempos de política de baixo nivel, cómpre poñer o foco en persoas boas e xenerosas que foron quen de dar o mellor de si en prol da xustiza social e o progreso.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
OBITUARIO
Un mundo para Echenique
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este jueves, 12 de marzo, en Ourense
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este miércoles, 11 de marzo, en Ourense