ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este viernes, 26 de diciembre, en Ourense
OBITUARIO
Acaba o mes xullo cunha moi mala nova para todas as amizades, compañeiros e compañeiras socialistas como é o pasamento do ourensán nado en Pontevedra Juan Manuel Lazcano Nóvoa, “Pirucho” para todas as persoas que o coñecían. Foi -é, porque segue nos nosos corazóns- unha boa persoa, un ‘bo vivant’, un artista, comprometido coa xente e a realidade que lle rodeaba, un amante do Entroido e dunha boa conversa acompañada dalgún rico caldo. Ese compromiso social materializouse xa na ditadura coa súa militancia no Partido Socialista Galego (PSG), organización que lle confiou a representatividade legal en 1977 da Candidatura Democrática Galega ao Senado por Ourense, proposta que incluía a Celso Emilio Ferreiro Míguez (PSG), Jesús Docampo Mosquera (MCG) e a Celso Montero Rodríguez (PSOE), que foi o único elixido. Anos despois comezou a súa militancia no PSdeG de Ourense, primeiro na agrupación da cidade e posteriormente na de Barbadás. Vivía na parroquia de Piñor, na casa na que pasou a súa infancia a escritora Carmen Martín Gaite, e que forma parte do Paseo Literario na súa honra organizada polo Concello local e que el mostraba con toda satisfacción. Ocupou a Dirección Provincial do INEM e tamén foi responsable da Delegación da Consellería de Obras Públicas. En palabras doutro bo socialista como é Miguel Fidalgo Areda, “Pirucho foi unha persoa que unía un sentido de vangarda e innovacion cunha dose de eficacia inédita na Xestión Juan Manuel Lazcano Nóvoa Adeus a “Pirucho” Pública nesta Terra e un ánimo alegre e divertido, amigable e unha infinidade de cualificativos”. Cando chegou á súa xubilación como funcionario retomou con máis forza e dedicación a súa afección ao mundo da arte con múltiples exposicións. Dicía Pablo Picasso que “un pintor é un home que pinta o que vende. Un artista, en cambio, é un home que vende o que pinta”. Ese era el. Atoparémolo de seguro nese universo onde se xuntan os e as artistas, amantes da creación, do viño, da inspiración e do amor á xente. Como deixou escrito a propia Martín Gaite: “Nunca está uno libre; el que no está atado a algo, no vive... Las verdaderas ataduras son las que uno escoge, las que se busca y se pone uno solo, pudiendo no tenerlas”. Nese universo no que está a boa xente, persoas que se entregaron aos demais como fixo o compañeiro Pirucho, que se atou aos demais. Desde as direccións das Executivas provincial e municipais de Ourense e Barbadás do PSdeG, e en nome de toda a militancia e simpatizantes, queremos enviar á súa viúva e fillas nestes duros momentos unha forte aperta
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este viernes, 26 de diciembre, en Ourense
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este miércoles, 24 de diciembre, en Ourense
OBITUARIO
Chris Rea, músico de estilo inconfudible
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este sábado, 27 de diciembre
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: sábado, 27 de diciembre
GRUPO TELEFÓNICA
Telefónica mantiene su huida de territorio latinoamericano
RENOVACIÓN DE INFRAESTRUCTURAS
La Xunta licita la última fase de la autovía Nadela-Sarria, con obras previstas para el segundo semestre de 2026