Obiturario | Ata sempre, Caneda

Roberto González

Publicado: 07 may 2025 - 23:20 Actualizado: 07 may 2025 - 23:22

Sergio García Dacosta "Caneda"
Sergio García Dacosta "Caneda"

Os que coñecíamos a Caneda recordarémolo como un home con personalidade, un compañeiro contrastado e, sobre todo, moi culto. Era un gran orador e un docente extraordinario. Centos de adestradores ourensáns desfrutamos dos seus consellos como profesor na Escala Galega de Adestradores. Caneda era amigo dos seus amigos.

Medrou no ambiente da Taberna do Caneda, seu pai, un local que, a pesar do paso das xeracións, aínda pervive. Era unha persoa moi coñecida e querida, tanto entre os clientes da farmacia na que exercía coma nos equipos nos que militou e adestrou, entre os que destacan Couto, Ourense, Verín, Castrelo de Miño, e o Adra andaluz.

As súas fillas Monse e María, o resto de familiares e amigos recordarano sempre. O colectivo de adestradores está en débeda con Sergio García “Caneda” polo seu bo facer e nobleza dentro e fóra do campo.

Contenido patrocinado

stats