ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este miércoles, 18 de febrero, en Ourense
OBITUARIO
A Comisión Executiva Municipal (CEM) e a Agrupación Municipal do PSdeG-PSOE de Ourense expresamos a nosa fonda dor polo falecemento do compañeiro Antonio Rodríguez Rodríguez. Hoxe, o socialismo ourensán e galego están de loito. Marcha un compañeiro imprescindible, unha figura clave da nosa historia colectiva. Pero, sobre todo, marcha un socialista íntegro, honesto e profundamente comprometido cos valores que deron sentido á súa vida.
Antonio Rodríguez Rodríguez (nado na Peroxa en 1944) dedicou toda a súa traxectoria vital e política ao servizo da cidadanía, da democracia e da igualdade. Mestre de vocación e socialista por convicción, foi un home de ideas firmes, de palabra clara e de compromiso constante, mesmo nos momentos máis difíciles.
A súa achega ao PSdeG-PSOE e ao socialismo galego é inmensa. Secretario xeral e presidente do partido, deputado no Congreso durante cinco lexislaturas pola provincia de Ourense, senador e membro do Comité Federal do PSOE, exerceu cada responsabilidade con rigor, lealdade e profundo amor a Galicia e a Ourense. Sempre puxo o interese colectivo por riba de calquera consideración persoal.
Antonio foi tamén un referente moral para xeracións de militantes. A súa coherencia, humildade e capacidade de diálogo deixan unha pegada fonda no noso partido. El mesmo resumiu toda unha vida de compromiso cunha frase que hoxe resoa con máis forza ca nunca: “Morrerei sendo socialista”. E así foi. Ata o final.
Dende a CEM e a Agrupación Municipal do PSdeG-PSOE de Ourense queremos renderlle unha sentida homenaxe e expresar o noso eterno agradecemento polo seu exemplo, pola súa entrega e pola súa fidelidade aos ideais do socialismo. O seu legado político e humano seguirá vivo na nosa memoria e no noso traballo diario.
Acompañamos con todo o noso afecto á súa familia, ás súas amizades e a toda a militancia socialista neste momento de profunda tristura.
Antonio Rodríguez non se vai: queda connosco, na historia, na memoria e nos valores que seguimos defendendo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este miércoles, 18 de febrero, en Ourense
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este martes, 17 de febrero, en Ourense
Lo último
DIRECTOR ADJUNTO OPERATIVO
Feijóo acusa al Gobierno de "saber, tapar y proteger" al exDAO de la Policía investigado por agresión sexual
LA NECESIDAD DE MODERACIÓN
El significado del Entierro de la Sardina