Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, lunes 18 de mayo?
PLANES EN OURENSE
¿Qué hacer hoy en Ourense? La agenda de eventos de la provincia te cuenta los mejores planes de este domingo, 18 de mayo
Los planes de hoy en la provincia de Ourense, en la agenda de La Región.
Tres días de cervexas para coñecer proxectos científicos de Ourense
- Hoxe, maña e o mércores
- Ourense - Café & Pop Torgal
- Ás 18:00 horas
- Entrada libre
Ourense súmase un ano máis á celebración dunha nova edición do festival divulgativo “Pint of Science”, que contará con arredor de 1.300 charlas e eventos en 114 cidades e municipios de toda España. O Café&Pop Torgal acollerá, dende hoxe ata o mércores, tres días de programación conferencias divulgativas, abertas ao público xeral interesado, de seis investigadoras e investigadores do campus de Ourense e diferentes disciplinas. Na sesión de hoxe, co título “Ciencia para un futuro sostible: da terra á mesa” achegarase aos retos ambientais e de saúde que definen o noso tempo e a como a ciencia busca solucións innovadoras dende a base. Nuno Muñoz, investigador do grupo BiotecnIA (Biotecnoloxía Industrial e Enxeñería Ambiental) abordará o potencial dos insectos comestibles e Sabela Pérez, do Grupo de Estudos en Traballo Social falará sobre os mitos misóxinos dixitais.
Un repaso histórico á numismática durante a alta Idade Media en Galicia
- Hoxe, luns 18 de maio
- Ourense - CC Marcos Valcárcel
- Ás 19:30 horas
- Entrada libre
O ciclo “Arqueoloxía en monodose”, impulsado dende o Museo Arqueolóxico de Ourense para descubrir novas propostas e coñecer mellor o patrimonio recibe a Antonio Roma Valdés, coa conferencia “A moeda na alta Idade Media en Galicia”. O ponente, especialista en moeda medieval, falará sobre o interese da numismática como fonte histórica, especialmente en períodos como a alta Idade Media.
Dous días de música en directo en San Cibrao co festival OurenSound
- Venres 22 de maio
- San Cibrao - Parque Tecnolóxico
- Ás 18:30 horas
- Varios prezos
Chega esta fin de semana unha nova edición do festival OurenSound. O venres comezarán os concertos coas actuacións de Alcalá Norte (19,00 horas), Love of Lesbian (20,50 horas), Iván Ferreiro (23,00 horas) ou Carlos Ares (01,00 horas). Nos seguintes días actuarán nomes destacados da música española como Duncan Dhu, La M.O.D.A., Siloé ou Niña Polaca. Dende a organización habilitarán autobuses lanzadeira desde o parque de San Lázaro ata o recinto. Entradas diarias e bonos á venda na páxina web ourensounfest.com/entradas.
Alumnos de Artes e Oficios amosan os seus traballos
- Martes 19 de maio
- Ourense - Biblioteca Nós
- Ás 19:00 horas
- Entrada libre
Inauguración da mostra de traballos feitos polo alumnado da Escola de Artes e Oficios da Deputación de Ourense, unha recompilación de propostas elaboradas entre 2025 e 2026 polos alumnos e alumnas das diferentes disciplinas que se traballan na escola: talla en madeira, debuxo e pintura, cerámica e oleiría e modelado en barro. Poderá visitarse ata o 19 de xuño.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CIENCIA PARA TODOS
Pint of Science en Ourense
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, lunes 18 de mayo?
PLANES EN OURENSE
Axenda | Que facer en Ourense hoxe, domingo 17 de maio?
Lo último
FALTA DE FINANCIACIÓN
La OMS advierte de que el mundo no está preparado para pandemias "aún mayores"