Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, lunes 25 de mayo?

PLANES EN OURENSE

¿Qué hacer hoy en Ourense? La agenda de eventos de la provincia te cuenta los mejores planes de este lunes, 25 de mayo

Unha aproximación á economía na Gallaecia da Alta Idade Media.
Unha aproximación á economía na Gallaecia da Alta Idade Media.

Los planes de hoy en la provincia de Ourense, en la agenda de La Región.

Unha aproximación á economía na Gallaecia da Alta Idade Media

  • Luns 25 de maio
  • Ourense
  • C.C. Marcos Valcárcel
  • Ás 19.30 horas
  • Entrada libre

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolle unha nova sesión do ciclo “Arqueoloxía en Monse”, un espazo de divulgación cultural organizado polo Museo Arqueolóxico de Ourense para achegar curiosidades sobre diferentes momentos históricos. Nesta ocasión, o recoñecido especialista Xosé Carlos Sánchez Pardo impartirá a conferencia titulada “Arqueoloxía, economía e moeda na Gallaecia altomedieval”.

Durante o encontro, exporá diferentes hipóteses sobre o verdadeiro sentido político e económico que tiveron as acuñacións de moeda durante as épocas sueva e visigoda na rexión. A cita ofrece unha oportunidade única para comprender como funcionaban as redes comerciais e as estratexias de poder nun dos períodos máis fascinantes e complexos da nosa historia.

A entrada á actividade será de balde ata completar o aforo do recinto.

Prazo de inscrición para participar na nova andaina veciñal de Señarín

  • Domingo 7 de xuño
  • O Carballiño
  • Señarín
  • Ás 10.00 horas
  • Con inscrición
Prazo de inscripción para participar na nova andaina veciñal de Señorín.
Prazo de inscripción para participar na nova andaina veciñal de Señorín.

A asociación veciñal de Señarín impulsa a súa primeira andaina, cun percorrido de 10 quilómetros de dificultade baixa para que poida participar xente de distintas idades e condicións físicas.

As inscricións estarán abertas ata este domingo, día 31, cun custo de 7 euros para socios da asociación e 10 euros para o resto e deben formalizarse na oficina de Avatel no Carballiño.

Centos de calcetíns lembran o sufrimento dos nenos palestinos

  • Luns 25 de maio
  • Ourense
  • Biblioteca Nós
  • Ata o 1 de xuño
  • Entrada libre
Calcetines colgados frente a la Biblioteca Pública Nós
Calcetines colgados frente a la Biblioteca Pública Nós | Miguel Ángel

O “Memorial dos calcetíns”, homenaxe ás infancias estragadas por Israel no xenocidio de Gaza, permanecerá nos soportais da Biblioteca Pública Nós ata o 1 de xuño.

Máis de 2.000 calcetíns infantís recollidos entre os ourensáns durante meses recordan que as vítimas seguen acumulando cifras e teñen nomes. A cidadanía puido colgar calcetíns e escribir os nomes dos nenos falecidos, mantendo viva a solidariedade co pobo palestino, en especial coa súa infancia, e denunciando o seu sufrimento actual.

Exposición sobre los cristianos perseguidos

  • Lunes 25 de mayo
  • Ourense
  • Iglesia Sagrado Corazón
  • Hasta el miércoles
  • Entrada libre

El templo expiatorio del Sagrado Corazón acoge la exposición “La belleza del martirio”, una experiencia de fe única, de Ayuda a la Iglesia Necesitada, que recrea lugares y testimonios de cristianos perseguidos en el siglo XXI y que se pudo visitar ya a principios de mayo en la parroquia de San Pío X.

El acceso a la muestra es libre y gratuito.

Un repaso a medio século de acción ambiental

  • Luns 25 de maio
  • Verín
  • Parque da Alameda
  • Ata o 16 de xuño
  • Entrada libre

A asociación Adega fai un repaso polos seus “50 anos coidando a terra” cunha exposición exterior en Verín na que recollen imaxes e documentos deste medio século de traxectoria en defensa da paisaxe e natureza galegas.

Festival de Jazz con Adrian Cunningham Quartet

Ourense / Café Latino

Ás 22.30 horas

O Festival de Jazz recibe a Adrian Cunningham Quartet, liderado polo saxofonista, clarinetista e cantante australiano, que reivindica a vixencia das escolas máis clásicas do jazz e está considerado como un dos mellores multiinstrumentistas do panorama actual. Entradas a 30 euros.

Proxección do documental “We love you”

Ourense / Cine

Ás 20.30 horas

Proxección do documental “We love you”, dentro do ciclo “Primavera musical”. A obra, dirixida por Pedro Souto, estrearase en 2011 para falar dunha banda inexperta que chega ao estudo por primeira vez con entusiasmo. A película conta con material inédito da gravación do primeiro disco, sen publicar, de The Buildings.

Contenido patrocinado

stats