PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, viernes, 19 de diciembre?
EVENTOS
Consulta los eventos de Ourense hoy, con la agenda del sábado.
Comeza a X edición do Festival Internacional Mascarada Ibérica ViBoMask. O evento, que se celebrará ata o domingo en Viana do Bolo e Vilariño de Conso, aglutina mascaradas de case medio cento de localidades distintas de Galicia, España e Portugal.
Hoxe a celebración céntrase en Viana do Bolo, que desde a mañá abre o ViBoMarket, mercado de produtos típicos e artesanais. A partir das 17,00 horas desenvolverase o gran desfile do X Festival Internacional polas rúas da localidade con música e actividades para distintos públicos. Mañá, domingo, as celebracións trasládanse a Vilariño de Conso, coa apertura do ViBoMarket ás 10 da mañá. A partir das 11,30 horas, as distintas mascaradas percorrerán a vila no desfile central desta edición.
Valdeorras / “Florenciada”
A Fundación Florencio Delgado Gurriarán recupera, coa colaboración das veciñas de Córgomo, a festa popular na Aira dos Bolos. Dende as 12 da mañá haberá feira de artesanía e produtos locais, zona de xantar e cantos de taberna. Pola tarde, celebrarán unha foliada aberta ao público con Abertal, incluindo un obradoiro de baile para todos os públicos
Ribadavia / “Revive”
Primeira xornada da Feira Revive do Ribeiro, un evento de suprareciclaxe e consumo consciente que incorpora tamén actividades vinculadas á conmemoración das Letras Galegas con obradoiros de elaboración de instrumentos e actuacións musicais.
Celanova / Raigame
A romaría etnográfica Raigame acada a súa XXII edición propoñendo unha viaxe ó pasado dende o burgo medieval de Vilanova dos Infantes, onde artesáns e grupos musicais e de baile lle renderán homenaxe á cultura popular galega.
Trives / Letras Galegas
A Asociación Cultural A Caniceira convértese nun espazo cheo de música, tradición e diversión para os máis pequenos da casa. A agrupación Macizas Centrais, que este ano celebra o seu 20 aniversario, organiza unha actividade matinal para achegar a cultura popular galega á infancia dun xeito lúdico e participativo.
Barbadás / Cavernícola Race
O Concello de Barbadás organiza a VI edición da Cavernícola Race, unha proba que xa conta cun oco propio no calendario de carreiras de obstáculos a nivel nacional. Este ano colabora coa Asociación Española Contra o Cancro (AECC) en Ourense.
Allariz / Festival de Xardíns
Inauguración da décimoquinta edición, que este ano se celebra baixo o lema “Cambio climático, unha oportunidade para o xardín”, propoñendo unha reflexión colectiva sobre como os espazos verdes poden contribuír á mitigación e adaptación fronte á emerxencia climática. Máis dunha trintena de proxectos presentáronse a concurso, dos cales nove verán a luz esta tarde.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, viernes, 19 de diciembre?
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, jueves, 18 de diciembre?
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, miércoles, 17 de diciembre?
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, martes 16 de diciembre?
Lo último
NAVIDAD EN RIBADAVIA
Ribadavia se llena de magia con Papá Noel y el Apalpador
Fermín Bocos
Zapatero, cada vez más sombras
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Gracias por tanto doctor
DE CAMBADOS A OURENSE
Condenado por dirigir una red de droga local pero absuelto del alijo de Perú