As mulleres rurais son protagonistas do 15 de outubro deste ano

MULLER RURAL

Viana do Bolo e A Mezquita organizan actividades culturais e formativas para visibilizar ás mulleres no rural

13 oct
-
18 oct

Detalles del evento

Viana do Bolo
13 oct - 18 oct
Presencial
Usuarias de Os Tres Reinos durante la actividad del pasado año.
As mulleres rurais son protagonistas do 15 de outubro deste ano | Cristina Clavería

Viana do Bolo e A Mezquita súmanse durante o mes de outubro á conmemoración do Día Internacional das Mulleres Rurais cunha programación destinada a visibilizar o papel das mulleres no rural, poñer en valor as súas achegas e reivindicar a importancia de construír comunidades máis igualitarias e con futuro.

En Viana do Bolo, o Concello, a través do Centro de Información á Muller (CIM), desenvolverá ao longo do mes diferentes actividades culturais, formativas e de sensibilización. O programa comezará o mércores 7 de outubro, ás 11,45 horas, coa representación teatral “Foot”, na Casa da Cultura. Ese mesmo día, ás 16,00 horas, terá lugar en Mourisca o inicio do novo curso do programa “Poñémonos Moradas”.

A Mezquita concentrará as actividades nunha semana específica, do martes 13 ao domingo 18 de outubro

As actividades continuarán o xoves 15 de outubro, ás 12,30 horas, coa inauguración da exposición “Poñémonos Moradas”, que poderá visitarse na sala de exposicións do Concello. Cinco días despois, o martes 20 de outubro, o IES Carlos Casares acollerá, a partir das 10,00 horas, o programa “Xeración Emprende: A Ruta Rural do Emprendemento Xuvenil”.

A programación vianesa completarase o sábado 24 de outubro, ás 20,00 horas, coa representación teatral “As alumnas”, novamente na Casa da Cultura.

Pola súa banda, A Mezquita concentrará boa parte das súas actividades nunha semana específica, do martes 13 ao domingo 18 de outubro, baixo o lema “Semana da Muller Rural – Os Tres Reinos”.

A programación combinará propostas culturais, creativas e de convivencia. O martes 13 terá lugar a dinámica “Tixolo quente”, acompañada dunha merenda de confraternización, mentres que o mércores 14 se desenvolverá o obradoiro “Pintando a nosa brisa”, centrado na elaboración de abanicos.

O xoves 15 de outubro, coincidindo co Día Internacional das Mulleres Rurais, será a quenda de “Cambiar o conto”, unha actividade con Alba Ibáñez. Ao día seguinte, o venres 16, proxectarase o documental “Deuses de pedra”.

A semana pecharase o domingo 18 de outubro cun “Xantar polo rural”, coa colaboración de Artesanato, como espazo de encontro e convivencia entre as persoas participantes.

Contenido patrocinado

stats