Melani Araújo, Premio Muller Rural 2026
VIDA
Melani naceu en Calvos de Randín, e, como ocorreu moitas veces na nosa Galicia, os primeiros anos pasounos ao coidado dos seus avós. Co tempo, marchou para Suiza cos seus pais, dende alí, continuou a súa formación en Manchester en Finanzas e Banca. Pero a semente que corría polas súas veas, os verán na aldea e tamén a chegada do amor, fixo que todo iso o cambiase por emprender no rural. Xunto a súa parella Cristian creou Crismel e vén de recibir o Premio Muller Rural 2026. Un logro que recibe con especial agarimo, que lle da azos e que comparte con todas as mulleres que loitan polo rural, a agricultura e a gandeiría. Coste o que coste.
Pregunta. Vén de recibir o Premio Muller Rural 2026 no marco da segunda edición dos Premios Semente entregados na Casa da Brea, Piñeira Seca, recentemente, como se sente?
Respuesta. Para mín foi toda unha sorpresa e unha grande satisfacción. Eu comecei da nada, dun mundo totalmente diferente, pero a base de traballo, esforzo e de cada día ir superando retos, conseguino. É unha forma de que recoñezan toda esa implicación e algo que te motiva a seguir. Tamén quero que sexa un galardón extensivo a todas as mulleres do rural en xeral.
P. Nese senso, como muller, aínda hai poucas ao frente de explotacións agrícolas e gandeiras?
R. É verdade que segue sendo un terreo máis ben de homes. Pero se a unha muller lle gusta, e realmente quere levar por aí os seus pasos, con determinación pode conseguilo.
P. Vostede como se sente sendo unha desas poucas mulleres?
R. De vez en cando aínda escoito o comentario de: “para onde vas ti con ese tractor”, porque o seguen vendo como unha labor para homes. Tamén é verdade que non o fan con mala intención, é máis ben unha mentalidade de protección ou de algo que “como toda a vida foi así”. E imaxínate no meu caso, muller, e sendo a “suiza” -como me coñecen- en tractor.
P. Que lle parecen estos Premios Semente de recente creación para o sector?
R. Creo que os Premios Semente son un modo de recoñecer e destacar a labor dos profesionais que están tras o sector agrogandeiro en Galicia. Tal e como teñen definidos os seus obxetivos, estas distincións buscan poñer en valor a innovación, a sustentabilidade, a tradición e o impacto social das iniciativas premiadas. O recoñecemento ás persoas que lograron convertese en referentes serven e servirán de inspiración ás novas xeracións.
P. A pesar de vivir fóra, se nos remontamos á súa nenez, o vínculo coa terra sempre estivo aí.
R. Si, é algo que sempre sentín moi forte. De nena, ao igual que meu irmán, quedei na aldea de Serois, Calvos de Randín, cos meus avós, mentres meus pais estaban en Xenebra, Suiza, traballando na búsqueda doutro futuro. Con sete anos puiden irme a vivir ao país helvético e, unha vez alí, comecei a estudar e a facer un novo círculo de amizades. Non che vou decir que foi sinxelo, pero si que foi rápido e a acollida no lugar foi cos brazos abertos.
P. Trala formación en Suiza emprendeu unha nova etapa en Manchester.
R. Con 23 anos. A idea era facer alí un máster e perfeccionar o inglés, cousas que fixen. Pero gustoume tanto que acabei estando alí tres anos.
P. Suiza e Manchester, pero sempre cos pés na terra que a viu nacer.
R. Por suposto! Todos e cada un dos veráns, mentres estudaba, pasaba os dous meses de vacacións cos avós. E logo, nas miñas vacacións sempre tiña tempo para facer unha escapada a miña terra.
P. Cal foi o momento no que se decidiu establecer na Limia?
R. Xusto no ano previo de comezar a traballar. Nese momento aproveitei e fiquei por máis tempo en Galicia e foi cando coñecín a Cristian, quen hoxe é a miña parella. E tocou tomar unha decisión. E supoño que xa intúes cal foi (risas).
P. Como foi que se decidiu a seguir no eido da agricultura?
R. Nun principio eu buscaba traballo do meu, economía, pero aquí é todo tan diferente ao de Suiza que non me gustaba nadiña a miña labor (risas). Así que, mentres non saía ningún posto de emprego, Cristian convidoume a que o acompañase nas tarefas do campo porque unha persoa soa, no campo, é moi complicado sacar adiante as tarefas. E gustoume! Creo que se pode decir que me subín a un tractor e xa non me baixei del!
P. Non había de ser tan sinxelo…
R. (Risas). Non o foi non… que cando cheguei prácticamente non sabía nin subirme ao tractor! Pero pouco a pouco, con paciencia e con determinación fun aprendendo e aquí estou. Foron moitos retos, retos que seguen aparecendo día a día.
P. E fundaron a súa propia empresa.
R. Eso é algo do que estamos moi orgullosos, xa que nin Cristian nin eu tiñamos nada e erguémola dende cero. Estamos afincados en Morgade, Xinzo, contamos cunha explotación que ronda as 80 hectáreas, e fundamos Crismel fai cinco anos. Temos a nave está en Bobadela, Xunqueira de Ambía e fixemos unha grande inversión en maquinaria para facilitar o máximo posible o traballo do día a día.
P. Vostede é Muller Rural 2026, pero Cristian, a súa parella, tamén foi un grande apoio.
R. Eu sen el non estaría aquí. Hoxe en día, se son agricultura e estou facendo o que estou facendo, e moi feliz con elo, é gracias a Cristian. Tamén foi el o que me ensinou e o que me guiou.
P. Penso que a brurocracia é excesiva cando estamos nun momento no que tanto se oe falar da importancia do rural no amplo senso da palabra.
R. Son moi complicados. Se realmente queremos un futuro real do rural e da agricultura e gandería é preciso axilizar os trámites. Para nada digo pasar por alto as medidas necesarias para un correcto funcionamento, pero si facilitar as cousas e deixar as trabas para outros pleitos. Nós, desde o noso descoñecemento, podemos cometer erros á hora de cumprir requisitos. Non é mala fe, é que comezas en algo novo e hai cousas que se che escapan entre as miles que tes que cumprir. O que non se pode é “facer sangue” de pequenos erros, ou facer que nos perdamos entre papeleos se queremos que haxa futuro. É máis factible axudar, apoiar, asesorar… antes de que che cheguen cunha multa que o que fai é que che den ganas de deixalo todo atrás.
P. Cal é a producción de Crismel?
R. Temos patacas, cebolas e forraxe. E as ventas son para maioristas. A verdade é que non nos podemos queixar cos resultados que temos.
P. Como sería un día a día para vostede?
R. Moi intenso! Moitos pensan que os pataqueiros na Limia só traballan tres meses ao ano, pero iso non é verdade. Nós traballamos case todo o ano. É verdade que no inverno hai certo parón productivo, pero en canto empeza esta época, e nós que tamén temos forraxe, o traballo é case noite e día. Pero eu prefiro iso a estar parados como cando é inverno (risas).
P. Que diría que é o máis duro?
R. A incerteza que hai a nivel de prezos. Non é como en calquera empresa que vas a taballar e que ao final de mes sabes o que vas ganar. Pode pasar que un ano perdas toda a colleita e non che dea para cubrir gastos. Traballas e traballas, e ao final nada. E non depende de ti, senón de factores naturais contra os que pouco ou nada podes facer.
P. E o que máis lle gusta?
R. A liberdade. Estar ao aire libre. Andar ao meu ritmo. Ademais, eu son unha persoa á que lle gustan os retos. Non saber o que me vai pasar ou o que vou atopar, motívame máis a facelo ben e a procurar medrar.
P. Que pediría para que o rural, a agricultura e a gandeiría teña un mellor futuro.
R. O primeiro, que axilicen os trámites e non haxa tantas trabas, como che decía. E que o nivel de esixencia se equipare aos produtos que veñen doutros países. Senón non hai forma de competir. Nós non podemos equipararnos a produtos que veñen de fóra aos que non se lles esixen as medidas que nos piden a nós. Se eu aquí teño que seguir uns requisitos que me van levar a ter un precio máis elevado, e os de fóra non teñen que telos, facendo que os seus prezos poidan ser moito máis baixos… non é xusto. A ver se nos protexen algo máis a nós, aos “da casa”.
P. Algún consello para alguén que quere dedicarse ao sector primario?
R. Que teñan claro que hai futuro. Pero tenche gustar. Moito. Porque hai días nos que vas desexar tirar a toalla, e en ti está non facelo. Así que se é o que queres, loita por estar aí, porque a vida no rural é moi bonita.
P. Algún proxecto de futuro?
R. Gustaríanos medrar algo máis para seguir tendo esa chispa de que seguimos medrando. Paseniño a paseniño, pero firmes. Ter unha nave máis grande e poder envasar as nosas propias patacas e vendelas sen pasar por intermediarias.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
ELEXIDAS POR MAIORÍA
Dúas obras sobre a memoria gañan o Antón Losada Diéguez
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
Los susurros del diablo