PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, miércoles 11 de marzo?
Detalles del evento
”Diálogo en ausencia de Ángel Campos Pámpano” é o novo libro de Suso Díaz Estévez. O escritor nado en Ludeiros (Manín, Lobios) optou no seu novo traballo por facer unha escolma entre a obra poética do estremeño Campos Pámpano e crear un poema coa forma do haiku, a modo de diálogo entre ambos, respectando as súas propias linguas. O mercores, 16 de abril, está prevista a presentación do libro na Casa dos Poetas de Celanova. Un acto fixado para as 20,00 horas no cal o autor estará acompañado polo escritor e profesor Xoán Carlos Domínguez Alberte.
Campos Pámpano foi un poeta, tradutor e profesor cunha amplia obra poética e de traducións, ademáis de ser presidente da Asociación de Escritores Extremeños. O novo libro, co cal Suso Díaz prevé iniciar pronto unha xira de presentacións, “ofrece varias lecturas: Os títulos das seccións forman un poema, os versos de Ángel forman 11 poemas, e os haiku, se se len coas distintas propostas que recolle o autor, dan lugar a outras lecturas distintas do libro, e mesmo, o autor invita a que fagamos nós as nosas propias lecturas”, explica o autor.
A editorial Murabellos é tamén unha iniciativa persoal de Suso Díaz que puxo en marcha no 2024 para editar os seus propios libros e que estreou con “amada Rosalía”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, miércoles 11 de marzo?
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, martes 10 de marzo?
LICEO DE OURENSE
"La verdad de la justicia" falando con Fernando Alañon Olmedo
Lo último