PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, sábado 20 de diciembre?
ESPECTRO AUTISTA
Detalles del evento
No marco do Día Mundial do Autismo -que se conmemora o vindeiro 2 de abril- a asociación Por eles TEA vén de anunciar a terceira edición da súa gala solidaria. Un evento que terá lugar o 29 de marzo ás 18:30 horas no Auditorio Municipal e que agarda dar unha maior visibilidade á realidade do autismo.
Conducida por Tamara Pérez, e coa presenza da artista Uxía como madriña, esta iniciativa busca dar un paso máis para “seguir avanzando nos fitos de inclusión e de diversidade en toda a sociedade”. Así o explicou María Losada, vicepresidenta da entidade na presentación que tivo o mércores no seu propio local. Espazo dende o que se traballa para axudar a nenos, mozos e familias, e que estase a quedar pequeno para todas as solicitudes que reciben. En concreto, máis de 40 son os rapaces cos que colabora a asociación. Un número moi axustado que podería verse incrementado de maneira significativa en caso de contar cun local máis grande: “Levamos anos cun problema de espazo. Necesitamos ampliar porque temos a moitas familias en lista de espera e nin sequera podemos contratar a máis traballadores porque non temos espazo onde levar a cabo as intervencións. O autismo non é algo que poida agardar indefinidamente a que sexa atendido”. É por iso que gran parte da recadación deste evento servirá para mudar á asociación a un novo sitio que permita acoller a máis ourensáns que viven con autismo, ofrecendo un espazo no que sentirse seguros, acompañados e -sobre todo- entendidos.
Magín Blanco, Ángel Cerezuela, Estudio Repenica e Academia Drop son algúns dos encargados de por música e ritmo a unha gala que se pode intuír cargada de emoción e á que se pode contribuír tamén a través da súa fila cero.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, sábado 20 de diciembre?
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, viernes, 19 de diciembre?
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, jueves, 18 de diciembre?
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, miércoles, 17 de diciembre?
Lo último
UNA VIDA DE COLECCIÓN (VIII)
Cuando lo importante es tirar y bailar bien
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Dos éxitos o dos fracasos
COLOR DEL AÑO
Cloud Dancer: minimalismo, calma y moda en un solo color