Música, humor e teatro no ciclo Noites Bárbaras
CULTURA
O monologuista Pablo Meixe inaugura esta proposta en Barbadás
Detalles del evento
O Concello de Barbadás recupera este ano o ciclo cultural “Noites Bárbaras”, unha proposta que combina espectáculos escénicos coa participación da hostalaría local para dinamizar a vida cultural e económica do municipio. A programación desenvolverase durante marzo e abril na Casa da Cultura Manuel María, cunha oferta que inclúe música, teatro e monólogos.
O ciclo comezará o 13 de marzo co monologuista galego Pablo Meixe, unha das caras máis destacadas do circuíto de humor en Galicia. O 27 de marzo será a quenda do grupo ourensán Sonoro Maxín, mentres que o 10 de abril chegará o espectáculo “Enredada”, de Leti da Taberna. A programación pecharase o 24 de abril coa actuación da compañía belga Okidok, recoñecida a nivel europeo polo seu traballo no ámbito do humor e do teatro físico.
O alcalde da localidade, Xosé Carlos Valcárcel, explicou durante a presentación que unha das principais novidades desta edición é a implicación directa de bares e restaurantes da localidade. Ao remate de cada espectáculo, o público poderá gozar dun pequeno ágape ofrecido por distintos establecementos hostaleiros.
Todos os espectáculos comezarán ás 20.30 horas e a entrada será de balde, con invitacións que poderán recollerse durante a semana de cada actuación na Casa da Cultura.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CUATRO DÍAS DE MÚSICA
Montealegre reunirá a más de 120 artistas en el macrofestival Magostos 2026
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, lunes 2 de noviembre?
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, domingo 1 de noviembre?
Lo último
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Confianza quebrada
FOMENTAR ALIMENTACIÓN SALUDABLE
El Gobierno prevé limitar las máquinas "vending": la comida de los hospitales eliminará ultraprocesados
Jacinto Seara
Dogmas modernos sustituyen a los milenarios