Música tradicional | Cantos de Taberna da Pobra de Trives

21ª EDICIÓN

A vixésima primeira edición da cita, organizada polas Macizas Centrais e A Caniceira o sábado 28 de novembro, reunirá por primeira vez a dezaseis grupos das catro provincias galegas con actividades desde as 12,00 horas na Praza do Pilón

28 nov

Detalles del evento

Casa do Concello, A Pobra de Trives
32780
28 nov
19:00
Presencial
Música tradicional | Cantos de Taberna da Pobra de Trives
Música tradicional | Cantos de Taberna da Pobra de Trives | La Región

Hai citas que, co paso dos anos, deixan de ser simplemente un evento para converterse nunha tradición colectiva. É o que acontece cos Cantos de Taberna da Pobra de Trives, unha das datas máis agardadas do calendario festivo do outono na vila, que o sábado 28 de novembro volverá encher de música rúas e tabernas.

A convocatoria, organizada polas Macizas Centrais e a súa asociación A Caniceira, alcanza a súa vixésima primeira edición, chegando este ano cunha novidade especialmente significativa: por primeira vez, a cita reunirá agrupacións procedentes das catro provincias galegas, convertendo Trives nun punto de encontro de músicos e cantareiros de toda Galicia, diversidade que evidencia a capacidade de convocatoria dunha celebración que medrou sen perder a súa esencia.

A partir das 19,00 horas, a música comezará a percorrer os locais de Trives, nunha xornada na que participarán dezaseis grupos: A Cochera. Os Ministreles, As Taboucas, As Macizas Centrais, Alterabernas, Recanto, Quinchousa Oscura, No Cómbaro, Os Bochetas do Sil, Os Excusados, Son do Mao, Foliada de Remior, Os Trabazos, Pándega, Abertal e Xolda.

A Praza do Pilón será o punto de referencia desta convocatoria, arrincando a festa xa desde a mañá, ás 12,00 horas, cun obradoiro con Sabela Olivares para os máis cativos e demostrando que a música tradicional segue moi viva.

Contenido patrocinado

stats