“Ourense musical” busca impulsar novos talentos

EXHIBICIÓN

O centro comercial Ponte Vella acolle o próximo venres este novo evento

Publicado: 20 jun 2025 - 22:06 Actualizado: 28 jul 2025 - 12:04

27 jun

Detalles del evento

Centro Comercial Ponte Vella
27 jun
19:00 horas
Presencial
Fernando Calvo, Marcos Vázquez y Marco Vila.
“Ourense musical” busca impulsar novos talentos | La Región

A Deputación de Ourense, a través da área de Cultura e co apoio da academia La Casa de la Música, organiza o evento “Ourense musical. Vive os sons de Ourense”, que se celebrará o próximo venres 27 de xuño, a partir das 19:00 horas, con entrada gratuíta nos arredores do centro comercial Ponte Vella. Marcos Vázquez, director da área de Cultura da Deputación, presentou a programación, acompañado por Fernando Calvo, de La Casa de la Música e Marcos Vila, xerente do centro comercial Ponte Vella, un dos colaboradores do evento.

Esta cita constitúe unha oportunidade para que os máis mozos compartan a súa música. Marcos Vázquez destacou durante a presentación o traballo feito “a prol do talento da mocidade e da súa visibilidade” e agradeceu a ilusión de todos os colaboradores. Por outra banda, Fernando Calvo definiu “Ourense musical” como “unha parada no tecido musical de Ourense” e animou aos asistentes a acudir ataviados como “estrelas do rock” e desfrutar das actividades.Marcos Vila pola súa parte reivindicou a “sensibilidade do comercio” coa música e con este tipo de proxectos que apoia o Centro Comercial Ponte Vella.

“Ourense musical” está dirixido a todos os públicos, aínda que especialmente enfocado a apoiar a mozos músicos e artistas de diversas disciplinas, ofrecéndolles un espazo e unha oportunidade de amosar o seu talento. Deste xeito, haberá actuacións de bandas emerxentes e cantantes solistas, así como actividades de rap, breakdance, DJs, grafiti, batucada e sorteos. Este evento pretende ser o inicio de futuras edicións continuadas no tempo que fortalezan o tecido musical e artístico da provincia, ofrecendo ofertas accesibles, inclusivas e culturalmente valiosas.

Contenido patrocinado

stats