FESTIVAL DE MÚSICA
Música | XLIII Festival Galaico-Portugués de Polifonía e Canto Coral
PRESENTACIÓN
Detalles del evento
O venres, 7 de Marzo ás 20.00 horas na Casa da Cultura do Concello de Sandiás preséntase co motivo do Día Internacional da Muller, o libro “Mulleres ilustradas da Limia” onde se pon en valor as biografías de catro mulleres senlleiras do Concello de Sandiás. O libro foi elaborado polo Ceip Rosalía de Castro, Anpa Ceip Rosalía de Castro e a colaboración do Centro de Desenvolvemento rural, Cdr O Viso.
O acto brinda un eloxio ás mulleres, a súa memoria e historia a cabalo do pasado, do presente e do futuro dado que o acto non quere ser únicamente unha conmemoración arqueolóxica. Estará cooordinado por Rochi Nóvoa, escritora, pintora e mestra de Sobradelo (Xunqueira de Ambia). Participan no acto tamén os autores do libro (director do Ceip Rosalía e representante da Anpa), colaboradores do Cdr O Viso e mulleres homenaxeadas e representantes das mesmas. Tamén poderá visitarse unha exposición sobre as 43 biografías e debuxos presente no libro coa colaboración do Cdr O Viso e gozar duns petiscos no local social. Habéra exemplares de libros para quen queira adquirilos.
En relación con Sandiás no libro faise mención de catro mulleres senlleiras de distintas aldeas do concello: Coa Carmen Seguín da aldea de Coalloso queremos facer memoria histórica e profecía das mulleres coñecidas e anónimas de Sandiás que dalgunha maneira sufriron unha historia que “provoca dor pola inxustiza, polas perdas e mortes e polo futuro truncado dun país que soñaba ser libre”. Coa Noemí Vázquez e Amalia Gómez das aldeas de Piñeiras de Arcos e Novaíño, queremos facer memoria e profecía de todas as mulleres de Sandiás emprendedoras en diferentes eidos da vida económica e cultural. Coa Concepción Méndez Gándara da aldea de Sandiás queremos facer memoria e profecía de todas as mulleres de Sandiás implicadas na acción política municipalista en favor das liberdades democráticas e no liderado da muller na política local.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTIVAL DE MÚSICA
Música | XLIII Festival Galaico-Portugués de Polifonía e Canto Coral
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, miércoles 30 de septiembre?
ECONOMÍA SOSTENIBLE
Xinzo reunirá 20 puestos en su II Mercado Social
PUERTAS ABIERTAS
La UNED de Ourense abre sus puertas a los nuevos alumnos
Lo último
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: jueves, 1 de octubre
SEGUNDO TRIMESTRE
La deuda de Galicia supera el umbral de los 13.000 millones