Regresa a Laza a súa Cea do Cocido
ENTROIDO DE LAZA
Detalles del evento
Ao igual que na edición anterior, o Entroido lazano é sinónimo dun sabroso cocido o último Venres de Folión, o vindeiro 28 de febreiro. A coñecida como Cea do Cocido do Entroido de Laza terá lugar na entrada da vila, a partir das 21,30 horas, baixo unha carpa climatizada, un plan perfecto para quentar o corpo ata o posterior gran folión da medianoite
O prazo para inscribirse nesta cea popular remata este domingo, 23 de febreiro, e o prezo das entradas é de 21 euros para adultos e de 15 euros para nenos ata 8 anos. As entradas están á venda nos bares de Laza, no bar América de Verín ou ben a través do teléfono 617 940 728 ou no correo acenlazados@gmail.com.
Dende a organización aproveitan ademais para lembrar que os días 2, 3 e 4 de marzo haberá asimesmo xantar e cea, a base de churrasco, carne ao caldeiro, chuletas e cocido (este último por encargo).
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
EN LA AUDIENCIA PROVINCIAL
A juicio, el funcionario de Xinzo acusado de ser el cerebro de una narcobanda
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
La ausencia de odio
SUBESTACIÓN DEL BARBAÑA
Un elevado “peaje” eléctrico en la Alameda de Ourense