MÚSICA Y TRADICIÓN
Programa de las fiesta de San Cibrao de O Carballiño
ANDAINAS
Detalles del evento
A Universidade de Vigo, co financiamento da Deputación, vén de poñer en marcha a súa programación de rutas culturais para este segundo cuadrimestre. Ata finais de abril, tanto a comunidade universitaria como o público xeral poderán gozar de cinco roteiros por contornas de gran valor natural e patrimonial. Nadas no ano 1999, estas andainas consolídanse como un espazo de encontro, actividade saudable e descubrimento. Na pasada edición, acadouse unha media de 83 participantes por saída.
As propostas para este segundo cuadrimestre son cinco, todas cunha distancia de entre 15 e 20 quilómetros e con distintos niveis de intensidade. A primeira andaina terá lugar o 28 de febreiro polas fragas do río Calvo e o río Deva, na Cañiza, sendo unha ruta de intensidade media cun desnivel positivo de 500 metros. A esta seguiralle o 14 de marzo un percorrido pola raia con Portugal, visitando a Portela do Homem e a Corgada Fecha para regresar pola ruta dos miliarios ata o balneario de Lobios. O 28 de marzo chegará a quenda da ruta máis esixente, de dificultade alta, pola serra de San Mamede, partindo de Arnuide para ascender ata As Corcerizas e o alto da serra. Xa en abril, o día 11 realizarase un roteiro de dificultade media polo sendeiro do río Gorgua, en Padrenda, para descubrir os bosques autóctonos e os muíños tradicionais deste afluente do Deva. Finalmente, a programación deste curso pecharase o 25 de abril cunha espectacular ruta circular pola costa de Porto do Son e o Castro de Baroña.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MÚSICA Y TRADICIÓN
Programa de las fiesta de San Cibrao de O Carballiño
ROCK ARGENTINO
Concierto Pacífica en Café & Pop Torgal
Lo último
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Contra la retórica
MOSTRA FOTOGRÁFICA
O OUFF amosa o traballo oculto detrás das cámaras
Gonzalo Iglesias Sueiro
¿El estado al servicio de la oligarquía?