JORNADA REPROGRAMADA
El Foro con Miguel Ángel Aguilar pasa al miércoles 11
FORO LA REGIÓN
A presentación de Miguel Santalices correu a cargo do presidente da Deputación, Manuel Baltar, que ensalzou a figura do protagonista do Foro La Región, arropado por compañeiros da institución, do Partido Popular ou da sociedade civil ourensá.
"Non se me ocorre a persoa que coñeza mellor o Parlamento, con esa facilidade para establecer vencellos e cun empeño de que galegos coñezan o Parlamento", indicou Baltar, que recordou a traxectoria de Santalices, "unha persoa que nunca olvida os seus orixes e que sempre presume de ourensán".
O presidente provincial compartiu moitos anos na bancada do Pazo do Hórreo con Santalices, "cuxa vida está marcada polo amor a esa institución, pero que antes da política quixo ter rede, ter profesión, estar preparado", aludindo á súa formación como médico e ós diferentes cargos que ostentou no ámbito da xestión sanitaria.
Xa falando do seu papel como presidente da Cámara galega, Baltar indicou que Santalices "é o parlamentario por excelencia en materia sanitaria, un parlamentario brillante que sabe a verba exacta e chega directamente a todos. representando dignamente á institución", invitando a todos a tomar nota do que fai no seu cargo.
"Ninguén dubida do seu carácter institucional, dunha acreditada e probada dignidade. Cando fala, hai que estar atentos, non podemos perder nin unha palabra, é un gran interlocutor que escoita e despois actúa, un defensor do noso", engadiu o presidente da Deputación, que puxo en valor actos de divulgación do Parlamento: "Desde que el está, a institución deu un paso que se visualiza en actos como este, está evanxelizando o país, saíndo dos muros para que xente sinta o Parlamento máis propio, esa vocación fala moi ben del".
Se algo quixo destacar Baltar de Santalices foi "a súa calidade humana, a dunha persoa que é fiel e leal ás persoas desde unha posición centrista, alonxado do radicalismo, aínda que se en algo é radical é na defensa de Galicia, sabéndose adaptar ós cambios e plantexalos".
Asimesmo, o líder provincial subliñou "dúas palabras" que na súa opinión resumen moi ben a Miguel Santalices. "Hai que falar da emigración, xa que sempre estivo moi identificado coa xente que se foi, pero sobre todo ser humilde, xa que mentres é capaz de xantar na mesa co rei, tamén na mesa máis humilde, co mesmo carácter e bonhomía".
Por último, Manuel Baltar referiuse ó compromiso do presidente do Cámara galega, "alguén que non deixa quedar mal á familia, ó Parlamento, ó seu partido, e sobre todo a Ourense e Galicia".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
JORNADA REPROGRAMADA
El Foro con Miguel Ángel Aguilar pasa al miércoles 11
CC MARCOS VALCÁRCEL
El Foro La Región revive la historia del último maqui con Juan Carlos Alonso
Lo último