“O Himno Galego consolidouse polo apoio das Irmandades da Fala”
FORO LA REGIÓN
O filólogo Manuel Ferreiro e o musicólogo Fernando López-Acuña descubriron as claves da composición de Eduardo Pondal
O filólogo Manuel Ferreiro e o musicólogo Fernando López-Acuña protagonizaron onte o Foro La Región coa súa charla-coloquio "Aproximación histórica ó Himno Galego", na que descubriron as claves do himno.
Na súa presentación, o profesor Carlos Oro destacou o feito de que puido xuntar a ambos estudosos nun vídeo encargado por La Región "e que nos permitiu acudir a buscar as raíces do himno en América, nun traballo dun ano".
López-Acuña lembrou no arranque do seu discurso que houbo outras propostas hímnicas, como a de Alfredo Brañas de 1911 "e o de Ramón Cabanillas, que foi asumida polas organizacións agrarias no seu día". Tamén aclarou que a letra de Pondal "foi creada, dende un comezo, para ser tal himno", e apuntou que "non foi na Habana onde se interpretou inicialmente, senón nos orfeóns que dirixiu Pascual Veiga en Madrid".
A data clave é 1890. Nese ano, convócase na Coruña un certamen de orfeóns para "crear a mellor marcha para orfeón co poema "Os Pinos", unha peza como "A Marsellesa", segundo sinalou Fernando López. "Pondal envía un borrador de texto a Pascual Veiga, aínda con correccións a lapis, e Veiga pídelle que as segundas sílabas de todos os versos teñan un acento tónico", explicou Manuel Ferreiro. O filólogo incidiu nas diferenzas existentes entre o texto que actualmente se canta e o orixinal, onde frases como "valeroso clan" mudaron en "valeroso chan".
O musicólogo Fernando López retomou o fío da conferencia lembrando que ó certame coruñés de 1890 "preséntanse 10 propostas" e a creada por Veiga, pero o pouco tempo existente non permitiu que a súa composición composta para o peche do certame puidera ser interpretada, "o que lle doeu" e o levou a Madrid co seu himno.
Nun novo concurso en Lugo en 1896, gañado polo Orfeón Unión Ourensana, Veiga acudiu como director do Orfeón de Madrid, "e é posible fabular que nese foro fora a primeira interpretación", apuntou López.
A difusión do himno foi en 1907 na Habana e espallouse polos centros de emigrantes no exterior, pero iso conlevou que, co motivo da súa impresión en Cuba, "houbera, seguramente, os erros de linotipia que fixeron mudar o texto orixinal de Pondal", explicou Ferreiro. Engadiu que a consolidación do himno "foi grazas ás Irmandades da Fala". A charla rematou coa audición de senllas versións do Himno Galego, unha a ritmo de marcha militar e outra polifónica.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RESPUESTAS A LA SOCIEDAD CIVIL
Luis Menor: “Debemos ir cara a mancomunar servizos”
PERSONALIDADES E INVITADOS
Galería | Luis Menor, el presidente de la Diputación de Ourense, en el Foro La Región, en imágenes
Lo último
PROPUESTAS INTERNACIONALES
Allariz selecciona los mejores jardines para su edición más libre
SEGUNDA FEDERACIÓN
La UD Ourense quiere acabar el año con victoria
La Región
Tiranías
La Región
Escola do rural e infancia