Miguel Anxo Bastos: “Eu pregunto, cales son os logros de Europa dende que está unida?”
NOVO LIBRO
O profesor Miguel Anxo Bastos lanza un libro sobre a escala dos estados e o impacto do seu tamaño na liberdade, eficiencia e prosperidade das nacións; un convite a repensar a lóxica centralizadora dominante en Europa e a abrir un debate intelectual sobre se os estados máis pequenos poderían ofrecer mellores condicións para o desenvolvemento político, económico e social, tomando como referencia exemplos reais como Estonia ou Eslovenia.
O profesor Miguel Anxo Bastos imparte clases de Ciencias Políticas na Universidade de Santigo de Compostela e colabora con La Región. Onte presentou en Santiago o seu novo libro, publicado por Através Editora, “O pequeno é possível: Como o tamanho define o futuro de uma naçao”. A súa intención foi abrir un debate en torno á escala dos estados e a centralización da defensa.
AS FRASES
- “O tamaño é un aspecto da teoría do Estado pouco tocado”
- “O que quero é abrir un debate intelectual”
- “Por que Europa xa non inventa nada? Porque está estancada”
Pregunta.Que lugar ocupa este libro no conxunto da súa obra e que relación garda cunha futura teoría do Estado?
Respuesta.Ten moito que ver coa teoría do Estado, no sentido de que entra nun tema que rara vez se estudia que é o da escala, o tamaño dos estados. Se inflúe o tamaño dos estados na súa forma e nas súas competencias. Eu creo que sí, que o tamaño inflúe. É un dos factores que máis inflúe, non é o único. É un aspecto da teoría do Estado que eu vexo que está pouco tocado e no que normalmente se parte de tópicos como o de que canto máis grande mellor, porque abarata custos, porque é máis eficaz… eu non estou de acordo con ese punto de vista. Máis que nada é un debate intelectual, non é de política, nin falar de PP ou PSOE, Pedro Sánchez ou Feijóo... É un debate teórico, por falar un pouco do tema. Porque mo pediron unha vez fai tempo, porque escribira un artigo, entón dixéronme, por que non escribes un libro desto? Máis que nada para debater dalgo distinto, non estar falando sempre do mesmo.
P.Que peso ten aquí a que vostede chama “clase política”?
R.Eu refírome ao concepto de Mosca. A clase política é a clase gobernante, que inclúe non só aos que están no Goberno, senon aos que están na oposición tamén. Feijóo, Abascal, Belarra… tamén son da clase política. A clase gobernante sae dunha clase política previa. Son deputados, alcaldes… xente que xa está na política.
P.Que, segundo vostede, é a principal interesada en aumentar o tamaño do Estado, en principio.
R.En principio si. E máis ou menos a tese que defendo. Porque canto máis grande é o Estado máis mandan eles e sobre máis persoas teñen a posibilidade de exercer o seu poder.
P.Cal é a forma de Estado que garante unha maior prosperidade para os galegos?
R.Como digo eu, cada galego ten unha opinión ao respecto. A min o que me parece é que os estados pequenos teñen unha potencialidade maior de desenvolvemento que os estados grandes a este respecto. Pero repito que o meu obxectivo non é falar de alternativa política ou de defender a independencia, senón debater sobre temas de base. Estou pensando en Estonia, en Letonia… están mellor dentro de Rusia ou fora? Eslovenia está mellor dentro de Iugoslavia ou fora? Por poñer exemplos reais, non partir de tópicos. Partir de países reais do tamaño de Galicia. Ese sería o debate, pero repito, é un debate. Non é unha cousa de como se ten que facer, nin pretendo traer un debate de organización política, nin nada de iso. Estou canso de que cada vez que hai un problema a solución sempre sexa “máis Europa”, “máis Europa”. “Necesitamos un exército máis grande europeo”. Eu digo: espera, vamos a discutilo polo menos a nivel teórico. Por que a lóxica é “canto máis grande, mellor”. E eu pregunto, vale, cales son os logros de Europa dende que está unida fai trinta anos coa UE? Dígame cales son os logros e se os sabe, comparemos. Eu pregunto, dos cacharros que usamos no día a día, cantos son europeos? Nin “hardware” nin “software”. Este é o debate que quero traer. Se hai logros, dígamos. Cando Europa foi a que inventou case todo no mundo, históricamente, por que agora non inventa nada? Porque está estancada. É o debate que quero abrir, pero é un debate intelectual, non vai de chamar a un partido nin nada polo estilo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RESPUESTAS A LA SOCIEDAD CIVIL
Luis Menor: “Debemos ir cara a mancomunar servizos”
PERSONALIDADES E INVITADOS
Galería | Luis Menor, el presidente de la Diputación de Ourense, en el Foro La Región, en imágenes
Lo último