Achan pinturas murais de hai case 500 anos en Santa Clara, Pontevedra
PATRIMONIO CULTURAL
A Deputación de Pontevedra confirma que conservará as pinturas murais de Santa Clara e que quere facelo visitable
Os traballos de rehabilitación do Convento de Santa Clara, en Pontevedra, permitiron descubrir unhas pinturas murais cunhas características artísticas e históricas que son “únicas en toda Galicia” e que datan de entre 1570 e 1580.
Así o avanzou onte o vicepresidente primeiro da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, ao comparecer no antigo cenobio das clarisas acompañado do profesor emérito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) José Manuel García Iglesias, doutor en Historia da Arte, catedrático e unha das máximas autoridades en pinturas murais de Galicia e de España.
No caso destas pinturas descubertas no recinto pontevedrés de Santa Clara, remóntanse aos anos 1570-1580 e atopáronse dúas capas de pinturas murais no antigo refectorio.
Destaca unha imaxe dun corazón inscrito nunha aguia, que este experto cre que “non hai en ningún outro lugar” e que remite ao segundo tomo dun libro incunable, de finais do século XV, publicado en Basilea, Suíza, no que se recollían os sermóns de San Agustín, e do que en España se conserva un exemplar no arquivo da Catedral de Segovia.
García Iglesias explicou que a finais do século XVI as pestes levaron a que os espazos se blanquearan con cal, rompendo así a historia da pintura mural, cunha tradición moi importante desde os tempos do prerrománico até o século XVI.
O vicepresidente xa confirmou que a Deputación de Pontevedra ten previsto “manter e conservar” estas pinturas murais e que quere que sexan “visitables”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
OPOSICIONES 2026 EN GALICIA
Galicia oferta 1.601 plazas de oposiciones en Educación para 2026
ACCIDENTE LABORAL MORTAL
Muere un hombre por una posible intoxicación de monóxido de carbono al revisar un generador
Lo último
SUSPENDIDO EL UD OURENSE-CORUXO
El Estadio do Couto todavía no está disponible
QUEDA LA VÍA SOCIAL
Anulada la causa penal por un grave accidente de tráfico en Verín
PROBLEMAS DE CIRCULACIÓN
Xinzo anulará su desfile si persiste la tractorada en la A-52
AMPLIA RED DE SERVICIOS
Leiro y Carballeda rompen la sangría demográfica comarcal