RESCATE EN LA PLAYA
Yolanda y Miguel, dos héroes anónimos que jugaban a vóley en Vigo
GALICIA
O alcalde de Mondoñedo, Orlando González (BNG), aproveitou este sábado a súa presenza nun acto coa ministra de Fomento, Ana Pastor, e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para esixir "solucións urxentes" á situación de perigosidade que xera a néboa na autovía A-8.
En concreto, durante a sinatura dos convenios entre Fomento, a Xunta e 19 concellos galegos para a rehabilitación de vivendas, Orlando González sacou unha pancarta na que se puideron ver diferentes accidentes provocados polas condicións meteorolóxicas adversas nesta vía e a frase "Para que non se repita". Na súa intervención, o rexedor nacionalista explicou que decidiu aproveitar a súa presenza para esixir solucións urxentes para que "non se repitan" os accidentes despois de que, malia solicitalo, non fose recibido polo presidente autonómico nin pola titular de Fomento.
A autovía A-8 rexistrou dende a súa apertura ao público numerosos accidentes no tramo comprendido entre Mondoñedo e Abadín. O máis tráxico aconteceu o 26 de xullo de 2014, cando a néboa provocou unha conexión múltiple na que faleceu unha moza e máis dunha trintena de persoas resultaron feridas. Acciones
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RESCATE EN LA PLAYA
Yolanda y Miguel, dos héroes anónimos que jugaban a vóley en Vigo
ALARMA DE UN PARTICULAR
Trasladadas dos personas tras un incendio en la cocina de una vivienda en Ribadeo
ENTRE 2017 Y 2025
Indemnizaciones por casi 730.000 euros en los incendios en Galicia
Aprovechamiento del agua
Gráficos | Radiografía de los embalses en Galicia, ¿una solución ante la sequía?
Lo último
PULSO ENTRE GOOGLE Y LA PRENSA
La prensa francesa denuncia el uso de sus contenidos en los resúmenes de Inteligencia Artificial