MEDIO RURAL GALEGO
Firme aposta pola prevención cun 50% máis de orzamento en 2026
DÍA DE GALICIA
Na ofrenda ao Apóstolo na Catedral de Santiago de Compostela que abriu os actos institucionais do Día de Galicia, Alfonso Rueda, presidente da Xunta, pediulle ao Apóstolo que nos axude a seguir construindo "unha Galicia de bos e xenerosos, unha Galicia mellor que a de onte" que afronte o futuro con xenerosidade e optimismo.
O Presidente recalcou a necesidade de seguir construindo unha Galicia na que poder ser "todos iguais en dereitos e obrigas, de xeito que ninguén sexa máis que ninguén" . Defendeu tamén a patria galega como lugar alonxado dos extremismos e a polarizacón que caracteriza outros territorios. Rueda apelou á xenerosidade das xentes para loitar contra "a intolerancia, a codicia e a indiferencia ante os máis débiles que nos asola" porque este é o xeito de "mellorar a vida das persoas". Deste xeito, urxiu a "recuperar a integridade e o respeito á lei" nunha España "enfrascada na polarización extrema" e "manchada por prácticas impropias de persoas decentes".
"Tender pontes no canto de levantar muros; ofrecer solucións, e non crear novos problemas á xente; animar á concordia, en vez de sementar a crispación; ofrecer estabilidade e seguridade xurídica ao empresariado que promove inversións no país, fronte a quen solo promove atrancos", recalcou o presidente galego.
"Animar á concordia, en vez de sementar a crispación".
O presidente da Xunta de Galicia exerceu de delegado rexio este 25 de xullo, Día Nacional de Galicia, na ofrenda ao Apóstolo 2025. Faino por encargo do rei Filipe VI. Ë a segunda vez que o mandatario autonómico asume este rol, logo de substituír a Alberto Núñez Feijóo no 2023.
Na misa na Catedral compostelá tamén estiveron, entre outros, o presidente do Parlamento galego, Miguel Santalices; o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; e o presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo. Previamente, na Praza do Obradoiro, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participou no saúdo ás autoridades. No acto na Catedral de Santiago, o arcebispo compostelán, Francisco José Prieto, realizou un discurso de fraternidade nun tempo de "incerteza", xa que recoñece que "é fácil deixarse levar pola inquietude ou polo desánimo" nun momento de "guerras, crises económicas, cambios sociais, enfermidades e soidade", unido a "os perigos da globalización".
O arcebispo compostelán, Francisco José Prieto, dixo "erguer a voz" en defensa dos migrantes e refuxiados na tradicional Ofrenda ao Apóstolo, xa que tacha de "inaceptable" utilizalos "como arma política", "cando xa acumulan a dor polo desarraigamento e o abuso das mafias". "Han de ser acollidos desde a legalidade e a fraternidade", asegurou, ademais de mostrar a súa "máis firme condena: nin violencia racista nin criminalización colectiva".
No seu discurso con motivo da Ofrenda ao Apóstolo Santiago neste 25 de xullo, Prieto tamén lanzou unha mensaxe de "paz" para que termine a "barbarie" en Gaza. "Poñamos xa fin a esta dramática situación humanitaria", clamou. Igualmente, reclamou o fin do "sufrimento do pobo ucraíno nunha guerra sen sentido". Ademais, dixo "alzar a voz" tamén en defensa de "quen está a sufrir moi graves inxustizas": "Vítimas das guerras, mulleres esclavizadas na trata e na prostitución; a falta de vivenda e dun traballo digno e seguro". "Atoparemos de novo esperanza cada vez que poñamos ao ser humano no centro e no corazón das institucións", defendeu.
E é que subliña que na orixe de Europa está o Camiño de Santiago, e con iso valores como o cristianismo, "sen o cal os valores occidentais da dignidade, liberdade, xustiza e fraternidade resultan incomprensibles". "No medio deste mundo tambaleante, os cristiáns estamos chamados a levantar a mirada e a vivir desde unha certeza que non vén de nós mesmos: a esperanza que vén de Deus. Non estamos chamados a pechar os ollos ante os problemas do mundo", deixa claro. Incide en apelar a que as comunidades "sexan como albergues espirituais: hospitalarias, humildes, esperanzadas".
"Poñamos ao ser humano no centro e no corazón das institucións"
"Aínda que non podamos cambiar o mundo enteiro, si podemos transformar a nosa contorna con xestos concretos: acollendo, acompañando, compartindo, denunciando o inxusto, sementando reconciliación. Porque cada pequeno acto de amor conta. Cada palabra xusta, cada porta aberta, cada xesto de tenrura no medio da dureza do mundo é xa un signo do reino que vén", dixo Francisco José Prieto.
Por outra banda, o arcebispo de Santiago pediu ao Apóstolo Santiago "polos que exercen responsabilidades políticas para que dediquen os seus mellores esforzos ás esixencias do ben común", "pero encima das lexítimas diferenzas políticas". A continuación, Prieto reclamou "erradicar calquera forma de corrupción", "pois a súa existencia é un obstáculo para o ben común", "unha ferida ao corazón da xustiza e un pecado que afecta á dignidade humana", xa que "destrúe e instrumentaliza ás persoas para fins egoístas e erosiona a confianza nas institucións e na sociedade en xeral, creando un ambiente de desconfianza e cinismo".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MEDIO RURAL GALEGO
Firme aposta pola prevención cun 50% máis de orzamento en 2026
MEDIOS PÚBLICOS EN EL FOCO
Pombo niega que la TVG y la radio galega cedan audiencia
POLÍTICA NACIONAL
Lage Tuñas en el centro de la polémica
FESTAS DO NADAL
Rueda quere un “resultado histórico” do PPdeG en 2027
Lo último
PRISIÓN PROVISIONAL SIN FIANZA
Detenida en Ourense por prostituir a su hija a cambio de dinero para droga
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE OTOÑO
Hay que ir sacando la ropa de fiesta
INFORME JURÍDICO
O Barco ya logró la relación de puestos de trabajo propia
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Premios de arquitectura en Ourense