RESCATE EN LA PLAYA
Yolanda y Miguel, dos héroes anónimos que jugaban a vóley en Vigo
A iniciativa, financiada polo Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, pretende novas solucións de negocio que revertan na a sustentabilidade do sector.
A asociación sinala nun comunicado os problemas que estes descartes e subprodutos da actividade pesqueira producen no ambiente e a bordo dos navíos, pola súa prohibición de guindalos ao mar, e o seu baixo valor económico.
No entanto, a dispoñibilidade das novas tecnoloxías e coñecementos permitiu que estes descartes se presenten actualmente como valiosos recursos que poderían ser aproveitados para diferentes usos.
Para os promotores da iniciativa, a elaboración de novos alimentos a partir destas especies permitiría incrementar o seu valor comercial e paliar esta situación e, destinar os subprodutos da pesca á obtención de compostos de maior valor engadido levaría a elevar o seu valor como materia prima e, ao mesmo tempo, contribuír a un maior grao de aproveitamento.
O obxectivo, pois, desta investigación, é a utilización de descartes e subprodutos na obtención e posterior comercialización de novos alimentos e obtención de substancias bioactivas con diversas actividades biolóxicas, para o seu uso potencial na industria alimentaria, cosmética e/ou farmacéutica.
Na súa opinión, a industria extractiva tamén se beneficiaría da valorización do total das súas capturas, o que permitiría reducir horas de traballo e aforrar combustíbel, xa que poderían levarse a cabo lances de pesca máis breves con resultados económicos similares.
Pola súa parte, as empresas dedicadas á transformación disporán de maior capacidade para aproveitar as materias primas dispoñíbeis en cada momento.
Ademais, a valorización de todas as capturas permitiría reducir o esforzo pesqueiro sobre as poboacións de especies comerciais, o que podería contribuír á recuperación dos stocks actualmente baixo sobreexplotación e axustar as cotas de pesca de diferentes especies para mellorar a sustentabilidade da actividade pesqueira sen afectar á viabilidade económica do sector. EFE
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RESCATE EN LA PLAYA
Yolanda y Miguel, dos héroes anónimos que jugaban a vóley en Vigo
ALARMA DE UN PARTICULAR
Trasladadas dos personas tras un incendio en la cocina de una vivienda en Ribadeo
ENTRE 2017 Y 2025
Indemnizaciones por casi 730.000 euros en los incendios en Galicia
Aprovechamiento del agua
Gráficos | Radiografía de los embalses en Galicia, ¿una solución ante la sequía?
Lo último