"POR NUESTRAS ABEJAS"
La apicultura exige más ayuda contra la velutina en Galicia
"REDUCIR A INCIDENCIA"
Acabar coas infeccións de transmisión sexual como problema de saúde pública no horizonte de 2030 é o obxectivo do Plan da Xunta que hoxe presentou o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, quen onte, acompañado da directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, e da directora do Centro galego para o control e prevención de enfermidades (Cegace), Marta Piñeiro, sinalou que o plan marca como meta “reducir a incidencia de cada unha das infeccións de transmisión sexual nun 5 % cada ano”.
Para conseguir estes obxectivos, o Goberno galego destinará un orzamento de 195 millóns de euros en cinco anos, dos que 177 se destinan a ferramentas de diagnóstico e tratamento. Tamén se fará un forte esforzo en prevención, ademais de investigación e concienciación social.
O máximo responsable de Sanidade dixo que “en lugar de afrontar o VIH e outras infeccións de forma illada, optouse por unha abordaxe integral”, e entre as medidas destacadas sinalou a elaboración dun mapa de recursos en saúde afectiva que recolla todas as entidades sanitarias e comunitarias relacionadas coa atención da saúde sexual.
Polo que atinxe á atención primaria, facilitaranse medios de protección como preservativos, faranse campañas de comunicación e estableceranse alianzas coa farmacia comunitaria.
Engadido ao anterior, e de forma novidosa, realizaranse cribados oportunistas de VIH e hepatite B e C, así como outras infeccións de transmisión sexual como a gonorrea. Concretamente, nos tramos de idade de maior incidencia, tanto en primaria como hospitalaria, e ampliarase o cribado de hepatite C ao grupo de 40 a 49 anos.
Caamaño dixo que este plan busca mellorar o sistema de vixilancia epidemiolóxica, diminuír a incidencia destas infeccións e protexer a saúde sexual da poboación.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
"POR NUESTRAS ABEJAS"
La apicultura exige más ayuda contra la velutina en Galicia
PIDEN FINANCIACIÓN ESTATAL
Galicia recibirá a ocho menores desde Ceuta esta semana y la Xunta avisa: "Estamos al límite"
FUNDACIÓN LÍNEA DIRECTA
Casi el 90% de los conductores en Galicia suspenderían hoy el examen teórico
Lo último