As edís do PSOE de Santiago, escandalizadas co seu partido
POLÉMICA POLÍTICA
Non entenden que pechen o seu expedente antes que outros que levan meses como o de Ábalos
As concelleiras de Santiago de Compostela expulsadas do PSOE Mercedes Rosón e Mila Castro consideraron que “sería escandaloso” que o seu expediente concluíse antes que outros que levan meses pendentes como os que afectan o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, ou ao exministro de Transportes, José Luís Ábalos.
Rosón e Castro pronunciáronse deste xeito ao ser preguntadas polas declaracións efectuadas polo secretario provincial do PSOE coruñés, Bernardo Fernández, nas que asegurou que a comisión de ética e garantías ten un prazo duns 15 días para analizar as alegacións do catro edís composteláns expulsados para despois decidir se esta medida é definitiva.
“Se é certo que o obxectivo, como vimos denunciando desde hai semanas, é que nos manden para casa, pois posiblemente si entenderiamos que chegase esta semana, se non, non se entendería”, sostivo Mila Castro.
Un serio problema
Ademais, na rolda de prensa e interpeladas polas críticas das direccións do PSOE local, provincial e galego á carta asinada por centenares de cidadáns, entre eles o expresidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, en apoio a Mercedes Rosón, Mila Castro, Gonzalo Muíños e Marta Álvarez, as edís consideraron que a dirección ten “un serio problema” se non quere entender a mensaxe lanzada por estas persoas.
Deste xeito, despois de mostrar o seu sincero agradecemento aos asinantes, dixeron que “reducir e devaluar” unha iniciativa cidadá como esta resulta “totalmente inexplicable” e terá consecuencias no presente e no futuro do PSOE tanto na provincia como na cidade.
Ademais, despois de que a dirección do partido dixese que só asinaban a carta “tres militantes”, Mila Castro, que foi secretaria xeral do PSOE compostelán, lembrou que dos 300 militantes que ten o partido na cidade “uns 50” rubricaron a misiva.
Entre eles, figuran, ademais do propio expresidente Touriño, personalidades como o exalcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; a exdiputada Noa Díaz; a que fose secretaria de Organización do PSOE compostelán Carmen Fernández Morante; e outros socialistas como Fernando Blanco, Elena Borrás, Francisco Candea, Franscisco Garbayo, Begoña Rodríguez, entre outros.
Por último, preguntadas polas palabras nas que o actual secretario xeral do PSOE compostelán Aitor Bouza recoñeceu “erros” por ambas as partes, Mila Catro preguntou se eses erros son o esixir a acta das concelleiras, a decisión de “cesar ao persoal eventual” a pesar de que fai un gran labor ou “obrigar aos concelleiros do grupo a bloquear a ordenanza que completaba a regulación das vivendas de uso turístico”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
OPOSICIONES 2026 EN GALICIA
Galicia oferta 1.601 plazas de oposiciones en Educación para 2026
ACCIDENTE LABORAL MORTAL
Muere un hombre por una posible intoxicación de monóxido de carbono al revisar un generador
Lo último
PROTECCIÓN A LOS MENORES
Prohibir las redes sociales a menores de 16 en España: lo que falta por saber
SIN SERVICIO EN VIGO
Ourense y Vigo, sin conexión por tren debido a la borrasca Leonardo
RELACIONES INTERNACIONALES
Cantabria explora nuevas oportunidades comerciales con El Salvador