ACCIDENTE LABORAL MORTAL
Muere un hombre por una posible intoxicación de monóxido de carbono al revisar un generador
Os biólogos afirman que a única forma de deter 'este terrible fenómeno' é prohibir en España o uso de pesticidas nicotinoides, é dicir, aqueles que están deseñados a partir do alcaloide nicotina. Este tipo de produtos actúa sobre o sistema nervioso central das abellas, paralizándoas e causándolles a morte en poucas horas.
Segundo afirma a Cobga, estes insecticidas -como o Imidacloprid ou o Thiametoxam- foron prohibidos en Alemaña e en Francia hai máis de tres décadas, e dende entón, os apicultores destes países constataron que as mortes de insectos diminuíron.
Así mesmo, a Cobga denuncia que os agricultores, na súa maior parte, teñen un 'total descoñecemento' do correcto uso dos insecticidas, e os empregan 'de xeito excesivo e provocando estragos'. Por último, piden que as administracións e, no caso de Galicia, os propios produtores do consello Regulador Indicación Xeográfica Protexida 'Mel de Galicia', recomenden situar as colmeas lonxe dos lugares de agricultura extensiva.
PERIGOS BIOLÓXICO
O Cobga afirmou que, a nivel mundial, a principal causa das mortes de abellas se debe a dous axentes biolóxicos: un ácaro chamado 'Varroa', que lle absorbe a estes insectos o seu líquido circulatorio, e un parasito chamado 'Nosema apis'.
Ambos os dous seres son os responsables dun fenómeno coñecido como problema de colapso de colonias, no que se produce a desaparición drástica dun grande número de abellas obreiras, sen as que a colmea non pode funcionar. Non obstante, a asociación de biólogos galegos sinalou que ambas as dúas enfermidades se poden tratar 'con bos resultados'.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE LABORAL MORTAL
Muere un hombre por una posible intoxicación de monóxido de carbono al revisar un generador
INVESTIGACIÓN JUVENIL
Vídeo | Cuatro adolescentes de Nigrán investigados por agredir y humillar a un menor
GALICIA CALIDADE
Rueda anima a las empresas a lograr un Xacobeo "histórico"
Lo último
DEFICIENCIAS EN LA SEGURIDAD
Primor cierra temporalmente en la rúa do Paseo en Ourense por incumplir la normativa de incendios