PLAN DE ATENCIÓN PRIMARIA
Galicia limita a 30 las consultas diarias de los médicos de familia y a 25 las de pediatría
Coronavirus
A Costa da Morte na provincia da Coruña e a Montaña de Lugo son, xunto coa tamén lucense Mariña Central, Betanzos e a ría de Muros e Noia, son as comarcas de Galicia onde menos circulou o coronavirus.
Así se desprende dos datos do `Estudo de seroprevalencia fronte ao COVID-19 en Galicia`, presentado este mércores en rolda de prensa telemática polo director xeral de Saúde Pública, Andrés Paz-Ares Rodríguez; o director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal, e o subdirector xeral de Información sobre Saúde e Epidemioloxía, Xurxo Hervada, e que se realizou "cun intervalo de confianza do 95%".
Deste xeito, na análise efectuada por comarcas e agrupacións de comarcas, as zonas da Fonsagrada, Quiroga, Ancares e A Mariña Central en Lugo; e Noia, Bergantiños, Xallas, Terras de Soneira e Betanzos na Coruña rexistraron unha prevalencia de entre o 0 e o 0,5%, uns valores que non se detectaron en ningunha das comarcas das provincias de Ourense e Pontevedra.
En Pontevedra, só O Deza ten unha prevalencia inferior ao 1%, un nivel que se dá nas zonas ourensás de Verín, O Ribeiro e Celanova; as coruñesas de Fisterra, Muros, Ortegal, Eume, Ferrol, A Coruña, Melide, Arzúa e Ordes; e as luguesas da Terra Chá, Lugo, A Ulloa/Chantada e Sarria.
Por contra, as áreas nas que, segundo o estudo da Xunta, detectouse maior circulación do virus foron Vigo, as comarcas ourensás de Valdeorras, Trives, Viana, Caldelas, Allariz, Ourense e Carballiño, onde a prevalencia é maior que o 1,5%.
Tamén superan este nivel a comarca de Tabeirós en Pontevedra, as coruñesas Sar e A Barcala; e A Mariña Oriental e Meira, ambas as en Lugo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PLAN DE ATENCIÓN PRIMARIA
Galicia limita a 30 las consultas diarias de los médicos de familia y a 25 las de pediatría
ATRAPADA ENTRE DOS CABINAS
Vídeo | Vuelca una furgoneta en el peaje de la AP-9 en Vilaboa y el conductor resulta herido
Lo último
MÁS DE 700.000 EUROS
La Diputación aporta ayudas para vivienda en 20 concellos
FIN A LAS OBRAS EN O PINO
El túnel de O Pino recupera la circulación total la próxima semana
COMERCIO LOCAL
La Plaza de Abastos de Xinzo, lista en noviembre