XENTES POPULARES
A forza da transmisión
DEMOGRAFÍA E NATALIDADE
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, puxo en valor onte os últimos datos demográficos do Instituto Galego de Estatística (IGE) correspondentes ao ano 2025, que revelan un cambio de tendencia na natalidade en Galicia.
Deste xeito, destacou que os nacementos medran por primeira vez en 17 anos, rexistrándose o ano pasado 13.556, un 1,54% máis que en 2024. Fabiola García manifestou que estes datos apuntan á estabilización dos nacementos e constatan que Galicia está conseguindo reverter as proxeccións demográficas catastróficas de hai unha década, con 157.000 galegos máis dos previstos polo INE.
Isto demostra, segundo destacou, que as medidas de apoio ás familias postas en marcha pola Xunta están a dar resultado, tales como: a gratuidade total das escolas infantís, as casas niño no rural, o Bono Concilia Familia ou a Tarxeta Benvida.
Por último, a conselleira de Política Social e Igualdade asegurou que a Xunta “seguirá traballando para consolidar a Galicia Calidade que todos queremos, facendo cada vez máis da nosa comunidade o mellor lugar para formar unha familia”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
XENTES POPULARES
A forza da transmisión
INVERSIÓN EXTRANJERA
SAIC recibe su "primera autorización" para la instalación de su planta en Ferrol
UN CHAMAMENTO EN GALEGO
Lamas Carvajal, La Región e Ourense
Lo último