HECHO HISTÓRICO
Rosa Crujeiras, primera mujer nombrada rectora de la USC
XIX EDICIÓN
A Xunta de Galicia puxo este martes en valor o talento galego e a súa capacidade de proxección exterior no marco do XIX Premio Victoriano Reinoso, organizado pola Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid (Aegama) na capital do Estado. A directora do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Covadonga Toca, participou no acto, onde destacou a importancia de recoñecer as traxectorias profesionais que representan a excelencia galega máis aló das nosas fronteiras.
Durante a súa intervención, Toca Carús sinalou que este premio se converteu “nunha oportunidade para reunirnos, para poñer en valor o que representamos, e para recoñecer o talento galego estea onde estea”, subliñando o valor destes encontros para reforzar os vínculos entre Galicia e os profesionais que desenvolven a súa actividade fóra da Comunidade.
Neste marco, a directora do Igape felicitou a Aegama polo seu labor de cohesión do empresariado galego en Madrid, asegurando que “o que facedes non é só crear rede profesional; creades comunidade. E iso, cando un está fóra da súa terra, ten un valor enorme”. Neste sentido, destacou a importancia de manter vivos os lazos con Galicia, xerar oportunidades e proxectar a identidade galega en contornos profesionais de alta esixencia.
No acto foi recoñecida a traxectoria do ourensán Manuel Leyes, referente internacional en cirurxía ortopédica e traumatoloxía, especialmente no ámbito da cirurxía de xeonllo e da medicina deportiva. Desenvolveu unha destacada traxectoria clínica e científica, especializada en lesións complexas e tratamentos innovadores, sendo considerado unha figura de prestixio polo seu rigor profesional e contribución ao avance médico.
Toca Carús salientou que o premiado representa “traballo ben feito, rigor e paixón pola súa profesión”, poñendo en valor a combinación de coñecemento, innovación e dedicación constante que caracterizan a súa carreira.
A responsable do Igape subliñou que o seu éxito “recórdanos algo que en Galicia sabemos ben: que o talento que nace na nosa terra pode competir ao máximo nivel en calquera lugar do mundo”, incidindo na capacidade da Comunidade para formar profesionais que destacan nos contornos máis esixentes. E vinculou tamén esta proxección exterior coa marca Galicia Calidade, que definiu como “unha marca que identifica produtos, servizos e tamén valores: representa compromiso, rigor, confianza e ambición; representa, en definitiva, a calidade coa que Galicia quere presentarse ao mundo”.
Os últimos Premios Victoriano Reinoso da Aegama recaeron en Jorge Vázquez, presidente de Redegal, no 2025; e en Francisco Vale, CEO de Unilusión, no 2024.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
HECHO HISTÓRICO
Rosa Crujeiras, primera mujer nombrada rectora de la USC
PARROQUIA DE OLVEIROA
Muere un hombre tras caer al río a su paso por Dumbría, A Coruña
Debate sobre el Estado de la Autonomía
El DEA acaba con 52 medidas aprobadas: PP y BNG sellan un acuerdo de última hora para un plan integral del agua en Galicia
Lo último
Con expertos del sector
La geotermia será protagonista del XIX simposio de energías renovables
TERCERA FEDERACIÓN
Arteixo y Barco ponen en juego su gran momento