SECTORES ESTRATÉGICOS
La Xunta presenta el tejido laboral autonómico en Brasil
EDUCACIÓN NA LINGUA
O Consello da Cultura Galega (CCG) presentou onte as conclusións do encontro “Un país coa súa lingua”, que propón un centenar de medidas para reverter a situación do galego, entre as que destaca a posibilidade de ofrecer liñas educativas maioritariamente en galego sempre que exista a demanda suficiente e consenso coa comunidade educativa.
Deste xeito, tal e como detallou en rolda de prensa a vicepresidenta e coordinadora deste encontro, Dolores Vilavedra, preténdese garantir que as familias que desexen unha escolarización maioritaria nesta lingua poidan acceder a ela dentro do sistema público. Cuestionada sobre como sería a súa implantación, Vilavedra explicou que se trataría dun proxecto piloto que podería chegar a “un número X de centros” seleccionados “sempre a partir do seu voluntarismo e a súa disposición a participar”.
Con estas directrices, a coordinadora expuxo que se deixaría aos centros utilizar a súa autonomía para completar o proxecto e implantar a maior parte das materias en galego. Finalmente, os centros deseñarían un proxecto que se podería implementar só nalgunhas liñas ou nalgúns cursos e, a continuación, “avaliaríase o éxito do proceso”.
Pola súa banda, o responsable do Observatorio da Cultura Galega, Hakan Casares, sinalou que se trata dunha medida que nace “da premisa da demanda e do consenso cos axentes implicados”. “Naqueles sitios onde se queira e se poida, aquelas familias que desexen unha educación en galego que a poidan implantar e recibir no sistema público”, aseverou, sen articular ningún sistema de medición de consensos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SECTORES ESTRATÉGICOS
La Xunta presenta el tejido laboral autonómico en Brasil
FIGURABA COMO ADMINISTRADORA
Juzgan a una mujer por hacerse con 350.000 euros de la empresa de su exmarido en Vigo