Daniel Pérez, investido como alcalde de Carballo
"É UNHA HONRA"
O avogado laboralista garante continuar “co gran traballo desenvolvido estes anos” polo BNG
Daniel Pérez (BNG) foi investido como novo alcalde de Carballo (A Coruña) nun pleno celebrado ao mediodía deste sábado. Substitúe no cargo ao histórico rexedor nacionalista Evencio Ferrero, que deixou o bastón de mando após 22 anos como primeiro edil e despois de cumprir os 70 anos.
Na súa toma da palabra, Pérez dixo que “é unha honra” e un “momento de tremenda emoción”, nun discurso no que se comprometeu a “recoller o legado que deixa Evencio Ferrero” após “dedicar 46 anos da súa vida” como concelleiro na corporación “a mellorar a vida dos veciños de Carballo”.
O até agora deputado autonómico e concelleiro de Deportes, o avogado laboralista Daniel Pérez (Coristanco, 1977) é o novo alcalde de Carballo após recibir o apoio de 13 votos, a maioría absoluta coa que conta o Bloque na corporación da capital de Bergantiños na que se realizou unha votación en urna. E é que Pérez fixo constantes alusións ao seu predecesor no cargo para afirmar que do “gran capitán” Ferrero aprendeu que “para ser un bo político é imprescindible ser unha boa persoa”. Asegurou que este “non é un cambio, senón que é unha substitución para continuar co gran traballo desenvolvido estes anos”. Remarcou que gobernará para todos os veciños, non só para os votantes do Bloque, nun proxecto “común” e “integral” para “seguir facendo de Carballo un bo lugar para vivir” e continuar cun modelo “transformador”.
De cara a retos de futuro, Daniel Pérez apostou por “dinamizar” o rural, estender as redes de saneamento ao 100% da poboación, así como avanzar na humanización coa prioridade na seguridade e calidade de vida. Subliñou a oportunidade que supoñen os 6,5 millóns de fondos conseguidos do Plan EDIL para ter un novo auditorio, un futuro edificio de entidades sociais e reformar a praza do Concello.
Igualmente, dixo ter a “man tendida” á oposición e compromete “lealdade institucional” coa Xunta, á que reclama que “debe cumprir cos veciños” co novo centro de saúde, a ampliación do polígono de Bértoa, a circunvalación e a mellora do transporte público.
“Só escoitando á xente acértase, seino porque tiven ao mellor mestre”, asegurou nunha declaración na que reivindicou o “orgullo de ser de Carballo”. “Temos todo un futuro por gañar. Viva Carballo!”, concluíu. O pasado 4 de outubro, Ferrero presentou a súa renuncia voluntaria no pleno municipal convocado despois de ser alcalde desde 2003 e após 46 anos na corporación como concelleiro. Daniel Pérez López tivo que deixar a súa acta no Parlamento de Galicia para converterse en primeiro edil en Carballo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DELITO CONTRA LA LIBERTAD SEXUAL
Detenido en Ordes un hombre de 37 años por mantener relaciones sexuales con una menor de 16 años
“Un campo cheo de estrelas”
Vídeo | El Xacobeo 2027 estrena himno e identidad visual con la estrella del Botafumeiro como símbolo
O PROBLEMA DA AUGA
Declarada a seca prolongada no Ulla-Tambre e na Costa Norte
Lo último
DE NUEVO, LOCALES
El Ribeiro repite en casa ante el Novás
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
Morrer antes de caer
RECHAZO A LA FUSIÓN
Vecinos de Carballeda de Avia llevan su “no a la fusión” al pleno
Alfredo Conde
A TRIRITA
Os donos dos ríos e os ladróns das augas