EXPOSICIÓN INTERNACIONAL
Más de 34.000 personas visitaron “Wonderland” de Annie Leibovitz
Cando se tivo coñecemento de que un grupo de persoas asentadas na bisbarra do Salnés (Pontevedra) podería estar fornecendo de droga outras zonas da xeografía galega.
Entre os cinco detidos na última fase desta operación, coordinada polo Xulgado de Instrución número 1 de Lugo, estaría o propio "xefe da organización", os receptores dun quilogramo de cocaína intervido o pasado 29 de marzo, un dos transportistas da droga e unha suposta colaboradora do grupo.
O operativo despregado pola Policía Nacional permitiu localizar e deter o pasado domingo, día 27 de abril, a persoa que os investigadores consideraban o xefe da organización, un individuo de 43 anos de idade, con residencia en Vigo, que se identificou cunha carta de identidade e un permiso de conducir de Bulgaria.
O suposto xefe da banda, que segundo informa a Policía adoptaba importantes "medidas de seguridade" para non ser capturado, "provía o grupo da heroína que foi incautada no laboratorio desmantelado o pasado mes de marzo no lugar de Baión, en Vilanova de Arousa", e "mantiña contacto cos provedores de estupefacientes nos países do Leste de Europa".
De feito, os investigadores, a través dos organismos de cooperación internacional, puideron constatar que os documentos de Bulgaria achegados polo detido "son falsos", polo que agora "están realizando as xestións oportunas para tratar de determinar a súa verdadeira identidade".
Unha vez localizados os "pisos de seguridade" en que se ocultaba na cidade de Vigo, os axentes encargados do caso realizaron un rexistro no inmoble e interviñeron 11.500 euros en efectivo, así como varios teléfonos móbiles e "documentación de interese para a investigación".
Ao día seguinte, o 28 de abril, foron detidas en Ferrol dúas persoas que viven "nun poboado marxinal" da cidade departamental e que os investigadores consideran que foron "receptores de importantes cantidades de cocaína e heroína", droga fornecida polo grupo asentado no Salnés.
Ese mesmo día, tamén foi detida en Vilagarcía de Arousa unha cuarta persoa, acusada de colaborar coa devandita organización.
Por último, o día 29 de abril, foi detido no Grove outro dos sospeitosos, acusado de transportar a droga e de actuar como intermediario nas transaccións comerciais do grupo.
No rexistro do seu domicilio, os axentes interviñéronlle unha arma de fogo con munición, así como varias armas prohibidas, como unha navalla automática, entre outras.
Con estas últimas detencións, o Corpo Nacional de Policía dá por concluída a chamada operación "Zeus".
Nesta terceira fase, que comezou o pasado 29 de marzo, cando os axentes encargados do caso detiveron dúas persoas que transportaban un paquete cun quilo de cocaína desde O Salnés ata Ferrol, foron arrestadas outras cinco persoas e intervidos 1.260 gramos de cocaína, 2.415 gramos de heroína, 26,5 quilogramos de substancia de corte, 30 gramos de haxix e 54.500 euros en efectivo.
Os cinco detidos nesta última fase, tres homes e dúas mulleres, teñen idades comprendidas entre os 29 e os 47 anos, e son residentes en Ferrol, Vigo, Vilagarcía de Arousa e O Grove.
A tres deles cónstanlles antecedentes policiais por tráfico de drogas, así como condenas por ese tipo de delito.
Catro dos cinco detidos, imputados por tráfico de drogas, posesión ilícita de armas e falsificación de documentos, foron postos a disposición xudicial, aínda que un deles quedou en liberdade tras ser escoitada a súa declaración en sede policial, pero coa obriga de comparecer ante a autoridade xudicial cando sexa requirido.
Na primeira fase desa operación, o pasado mes de decembro, foron detidos cinco dos principais investigados, tres dos cales ingresaron en prisión preventiva, e foron intervidos 905 gramos de heroína, 7,5 gramos de cocaína, 250 gramos de haxix, diñeiro en efectivo e bens por valor de máis de 120.000 euros, así como unha arma de fogo real, con munición.
Na segunda fase, desenvolvida en febreiro, os investigadores detiveron outras dez persoas, da parte inferior da escala deste grupo, e interviñeron diversas cantidades de diferentes tipos de droga, básculas de precisión, envasadoras e diñeiro en efectivo.
Nesta operación participaron efectivos de Pontevedra, Lugo, Vigo e Santiago de Compostela, así como membros do grupo de Operacións Especiais e da Unidade de Guías Caninos da Xefatura Superior de Galicia.
1011162
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EXPOSICIÓN INTERNACIONAL
Más de 34.000 personas visitaron “Wonderland” de Annie Leibovitz
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Nueve implicados en un accidente múltiple en As Neves
Lo último
Jacinto Seara
Feliz Navidad
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIOS
Días de reflexión
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Ahora toca formar gobierno