"POR NUESTRAS ABEJAS"
La apicultura exige más ayuda contra la velutina en Galicia
REAL ACADEMIA GALEGA
O Dicionario da Real Academia Galega (RAG) continúa a súa actualización constante e vén de incorporar un cento de novas voces que amplían e enriquecen o léxico da lingua galega.
Entre estas novas entradas destacan termos que completan familias de palabras xa existentes, como antiincendios, bucinada, descifraxe / desciframento, estudantado, polifacetismo, parafusería, postergación, posvenda, así como nomes de lugares de ocio e cultura como ludoteca, enoteca e viñoteca.
A actualización tamén incorpora voces tradicionais que reflicten o patrimonio cultural galego, como bochinche, eis, naipelo, pataqueiro, -a, poma ou rianxo, así como expresións como a descomán, sinónimo de a desmán, e a sabendas. Ademais, engádense termos de recente creación ou popularización, como autofoto, conurbación, dina, feísmo ou surfear, xunto co xentilicio gazano, -a.
Outro grupo destacado de novas entradas corresponde ao ámbito da ciencia e a investigación, que inclúe termos como audioloxía, bolboretario / xardín de bolboretas, grampositivo, -a, gramnegativo, -a e galeguística.
O Seminario de Lexicografía da RAG, coordinado polo académico Manuel González, traballa de maneira permanente na revisión e actualización do Dicionario en liña, dispoñible gratuitamente en academia.gal/dicionario. Este labor non só incorpora novos termos e neoloxismos, senón que tamén se centra en completar familias de palabras, o que facilita a resolución de dúbidas ortográficas, como ocorre co termo adictivo, que evita a súa confusión coa palabra aditivo, de significado distinto.
¡O Dicionario da RAG conta con máis de 58.000 entradas e constitúe unha ferramenta fundamental para usuarios e estudosos da lingua galega. Na súa actualización téñense en conta tamén as suxestións recibidas a través da lapela “Axúdanos a mellorar”, que fan posible a incorporación de voces como alfombreiro, -a ou auguista, engadidas o pasado mes de xullo. Entre as novidades desta última actualización destacan, ademais, bolboretario e gazano, -a.
Cada mes, a versión web e a aplicación do Dicionario reciben arredor de tres millóns de consultas, demostrando a relevancia desta ferramenta para a comunidade galegofalante e para a preservación e difusión da lingua galega.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
"POR NUESTRAS ABEJAS"
La apicultura exige más ayuda contra la velutina en Galicia
PIDEN FINANCIACIÓN ESTATAL
Galicia recibirá a ocho menores desde Ceuta esta semana y la Xunta avisa: "Estamos al límite"
FUNDACIÓN LÍNEA DIRECTA
Casi el 90% de los conductores en Galicia suspenderían hoy el examen teórico
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Playa de Ríos en Vigo
MÁS DEPORTES
Un paseo en bicicleta por la Ribeira Sacra
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Cuando los mayores superan a los niños
Rafael Dávila Álvarez
Homenaje de Orense a la Legión