Dous detidos en Abegondo por roubaren 750 litros de gasóleo en varios camións
Axentes da Garda Civil de Abegondo (A Coruña) detiveron entre onte e hoxe dous mozos, veciños de Irixoa e Betanzos, como supostos autores dun roubo continuado de gasóleo.
Segundo parece, os agora imputados subtraeron uns 750 litros do citado combustíbel despois de violentaren os tapóns dos depósitos de varios camións pertencentes a unha empresa de Abegondo, segundo informa o instituto armado.
Para extraeren o carburante utilizaban unha bomba de succión que foi intervida a un dos implicados.
Os axentes sospeitan que os feitos veñen ocorrendo, nos camións da mesma empresa, desde hai tres ou catro meses.
Estes foron postos en coñecemento do Xulgado de Instrución número 2 de Betanzos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TRES COCHES IMPLICADOS
Una colisión múltiple en Tomiño deja tres heridos, uno de ellos excarcelado
HASTA EL 4 DE SEPTIEMBRE
Abierto el plazo para optar a dos plazas de ingeniero técnico en el Sergas
Lo último
DEMOSTRACIONES DE COCINA Y CATAS
Diecinueve bodegas se preparan para la XIX Feira do Viño de Monterrei este fin de semana