Dous detidos por unha ducia de incendios en Pontevedra
INCENDIOS
Os incendios tiveron lugar en Lalín, Catoira e Vilagarcía de Arousa.
A Policía Autonómica detivo dous homes como presuntos autores dunha ducia de incendios forestais nos municipios pontevedreses de Lalín, Catoira e Vilagarcía de Arousa, que "prendían intencionadamente cun chisqueiro".
Entre todos os lumes que se lles imputan, ambos os dous incendiarios alcanzan case as dúas hectáreas queimadas, segundo informou este luns a Xunta nun comunicado de prensa.
No primeiro caso, o sábado 10 de setembro axentes da Policía Autonómica en Pontevedra sorprenderon un home cando prendía lume nun monte na parroquia de Dimo, no municipio de Catoira. A este individuo tamén se lle imputan outros oito lumes acontecidos no mesmo municipio e no de Vilagarcía, todos entre os días 12 de agosto e 3 de setembro.
A detención, segundo relata a Xunta, foi froito do dispositivo de colaboración que a Policía Autonómica leva a cabo con integramtes das Brigadas de Investigación de Incendios Forestais (B.I.I.F.) da Consellería do Medio Rural, como consecuencia dos múltiples incendios que se producían na zona.
O lume do sábado afectou a unha superficie de 5.000 metros cadrados - -0,5 hectáreas-- de monte arborado e necesitou da intervención dos servizos de extinción da Xunta de Galicia. As dilixencias neste caso foron remitidas ao xulgado de Instrución en funcións de garda de Vilagarcía de Arousa.
LALÍN
Ao segundo detido impútaselle un incendio na parroquia de Botos do pasado 28 de agosto que tamén se iniciou cun chisqueiro, tal como recoñeceu na súa declaración, segundo indican as mesmas fontes.
Este incendio forestal afectou a unha superficie rasa de 300 metros cadrados "grazas á rápida intervención dos servizos de extinción da Xunta que evitaron a súa propagación", engade o Goberno galego.
Ademais, a raíz das pescudas realizadas, esclarecéronse dous incendios anteriores --de 2015 e 2016-- que afectaron 1,4 hectáreas. Por estes feitos, os axentes autonómicos instruíron as dilixencias pertinentes, que se remitiron ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución, en funcións de garda, de Lalín.
Na actual campaña antiincendios, segundo destaca a Xunta, a Policía Autonómica xa leva investigadas ou detidas 56 persoas por delitos relacionados con incendios forestais.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
3.000€ POR BENEFICIARIO
Las ayudas de la Xunta para mejorar la imagen de las viviendas se podrán solicitar en enero
Lo último
PROPUESTAS INTERNACIONALES
Allariz selecciona los mejores jardines para su edición más libre
SEGUNDA FEDERACIÓN
La UD Ourense quiere acabar el año con victoria
La Región
Tiranías