Fabiola García denuncia a paralización do Goberno do plan de choque da Xunta
INCAPACIDADE E DEPENDENCIA
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou onte a residencia pública autonómica Porta do Camiño en Santiago, onde aproveitou para volver denunciar a paralización do Plan de choque da Xunta por parte do Goberno central, que interpuxo un recurso contra as homologacións automáticas de dependencia e discapacidade.
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou onte a residencia pública autonómica Porta do Camiño en Santiago, onde aproveitou para volver denunciar a paralización do Plan de choque da Xunta por parte do Goberno central, que interpuxo un recurso contra as homologacións automáticas de dependencia e discapacidade.
A conselleira advertiu que o propio Executivo central pretende copiar as homologacións automáticas polas que presentou o recurso e que xa permitiu recoñecer a discapacidade automaticamente a máis de 12.500 dependentes galegos, ao tempo que se reduciron os tempos de agarda. Polo tanto queda claro, recalcou, que a única motivación do Goberno central é recadatoria, pois con esta simplificación dos trámites deixou de recibir 114 millóns de euros durante o 2025 en Galicia.
Do mesmo xeito, Fabiola García tamén denunciou o que considera un trato “desigual, inxusto e inaceptable” do Goberno central con Galicia, actuando, segundo dixo “dun xeito que nunca se atrevería a facer con comunidades como Cataluña ou País Vasco”.
Ademais disto, a conselleira avanzou que a paralización do Plan de dependencia suporá novos atrasos e trastornos burocráticos para os dependentes galegos que, por esta decisión do Goberno central, deberán someterse a unha dobre valoración. Isto supón “máis trámites, atrancos e máis tempos de espera”.
Por último, insistiu en que a Xunta seguirá reclamando ao Goberno central que cumpra coa Lei de Dependencia e asuma o 50% do custo do servizos
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RECOMENDACIONES PARA LOS VIAJEROS
Cambian los horarios de trenes en A Coruña desde el 11 de julio por las obras de la nueva estación
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
DURANTE UN CONTROL
Buscan a una conductora fugada en Verín tras arrastrar a un guardia civil