Fai que as túas vacacións de verán sexan máis sostibles que nunca
Sogama proporciona 12 claves para facer destas datas de lecer e descanso unha época respectuosa coa contorna
Tralas restricións e os malos momentos vividos durante os dous últimos anos debido ao covid-19, moitos cidadáns propuxéronse gozar dun merecido descanso.
Desde Sogama continuamos apelando ao “sentidiño” porque a pandemia séguenos axexando e convidamos á poboación a poñer os medios para que estas vacacións sexan verdadeiramente sostibles.
- Planifica e presuposta: Ten en conta os gastos dos desprazamentos, o lugar no que te vaias a aloxar, a manutención e o lecer, pero inclúe tamén posibles imprevistos que poidan xurdir. Axústate ao máximo á túa dispoñibilidade económica.
- Infórmate sobre o teu lugar de destino: Sitios que ver, condicións da visita, restaurantes cunha boa relación calidade-prezo, costumes, tipos de comida, niveis de seguridade, etc.
- Prioriza o transporte público: E, dentro deste, os medios menos virulentos coa contorna. O avión é o máis contaminante. De feito, os voos en avión supoñen en torno ao 2% das emisións de CO2 no mundo.
- Usa a túa enerxía: Cando chegues ao teu destino, en traxectos relativamente curtos, desprázate camiñando ou en bicicleta. É unha magnífica forma de reducir a túa pegada ecolóxica. Xerarás cero emisións, farás exercicio e explorarás a contorna dunha forma saudable e divertida. En caso de ter que optar por coche, mellor eléctrico ou híbrido.
- Elixe aloxamentos sostibles: Cada vez hai máis oferta. Con independencia da súa clasificación, xa hai hoteis, cámpings, hostais e pensións nos que a súa política ambiental inclúe un menor uso de plásticos, promoven a reciclaxe, obteñen enerxía de fontes renovables e priorizan a compra de produtos locais.
- Aforra auga e enerxía: No teu aloxamento, xestos como reducir o número de toallas utilizadas, apagar as luces, o televisor e manter a estancia a unha temperatura axeitada, sen abusar do aire acondicionado, poden marcar a diferenza.
- Comida de proximidade e de tempada: Infórmate sobre aqueles establecementos que serven comidas preparadas con alimentos locais e, se cociñas ti mesmo, aproveita os mercados do teu lugar de destino.
- Apoia o comercio local tamén na compra de souvenirs: Contribuirás á economía e emprego, e tamén á redución de emisións, xa que non deben ser transportados, e contribuirás ao emprego dos lugareños.
- Respecta a contorna: Infórmate sobre que se pode e que non se pode facer cando visites lugares sensibles ou protexidos para non ocasionar danos.
- Nada ao chan: En vacacións seguimos producindo lixo. Tenta minimizalo e baixo ningún concepto deixes refugallos abandonados no medio natural. Recólleos, clasifícaos e deposítaos nos contedores correspondentes para que poidan ser reciclados.
- Lembra: que no contedor amarelo debes depositar os envases de plástico, as latas e os briks; no azul, o papel e cartón; no iglú verde, os envases de vidro; no marrón, a materia orgánica; e no xenérico, a fracción resto.
- Aproveita as vacacións para poñer en práctica valores de respecto, protección e solidariedade co medio ambiente: e, moi importante, transmíteos aos teus fillos, amigos, parella. É un bo momento para levar a cabo un labor de educación ambiental e poñer en práctica o apreso.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
ARCHIVO SIN PREJUICIO PATRIMONIAL
Cuentas archiva la denuncia del PSOE por la gestión de la Sanidad madrileña
SE ENCARECIÓ 77 PUNTOS
El Banco de España confirma el cierre del euríbor en el mes de julio en el 2,855%
TURISMO EXTRANJERO AL ALZA
Gráfico | España atrajo hasta junio a casi 46,6 millones de turistas