9 DE SEPTIEMBRE
Bachillerato pierde alumnos por primera vez en la historia
20D | ELECCIONES GENERALES
O presidente do PPdeG e titular do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou o "proxecto político e de país" dos populares fronte a "éxitos televisivos", na presentación dos candidatos ao Congreso e o Senado pola provincia de A Coruña.
Antes do inicio dos discursos, os asistentes gardaron un minuto de silencio polas vítimas dos atentados de París. Tamén na súa intervención, Feijóo fixo referencia a eles, condenado o terrorismo e trasladando a solidariedade ao pobo francés.
Ademais, acusou de "asasinato en serie" o acontecido e puxo en valor "o grande país no que vivimos". "A convivencia e a tolerancia acabarán por vencer á barbarie, ao terror e a morte," recalcou. Ademais, saudou "a actitude" do PSOE e Cidadáns polo seu apoio ao pacto contra o terrorismo yihadista.
Na súa intervención, e sobre as eleccións xerais, sinalou que o PP representa "unidade" nunhas eleccións "clave". "Ningún partido de esquerdas pode dicir que presenta un partido unido, temos o mesmo proxecto aquí que en Cataluña", apostilou. Das listas, destacou a renovación, pero tamén a experiencia de xestión".
PP, "ESTABILIDADE
Del PP, dixo tamén que é un partido que vai "máis alá de éxitos televisivos, dos estudos de gravación de televisión, e das frases doadas" e que supón "garantía de estabilidade". "Non podemos chegar para inventar a democracia", dixo alertando sobre outras formacións políticas.
Tras contrapoñer a política de Mariano Rajoy coa do expresidente de Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, defendeu que o PP "traballou para saír da recesión". "Non foi doado, pero pagou a pena", recalcou Feijóo, quen cualificou estes catro anos de "derrota a eses anos de dificultades".
Tamén instou os seus militantes a traballar para conseguir "unha maioría ampla" e garantir "a gobernabilidade". "Temos o reto da recuperación económica que empezou, pero non coroado, o reto da unidade do noso país", expuxo. "España necesita un goberno gañador", sentenciou.
"O MELLOR PARA ESPAÑA"
Pola súa banda, o presidente provincial do PP coruñés, Carlos Negreira, manifestou que o seu partido presenta un equipo formado por persoas "comprometidas".
Ademais, sinalou que o PP "é o mellor que lle pode pasar a España", recalcou. "O único que encarna unidade, economía e o proxecto común que necesitamos en España".
No acto, tamén interviñeron o cabeza de lista do PP ao Congreso pola provincia de A Coruña, Miguel Lorenzo, quen pediu "traballar" para obter a maioría e apelou á necesidade de "vender ben" as súas propostas. "Cando o PP colleu este país, estabamos en bancarrota", sentenciou.
Pola súa banda, a candidata ao Senado Paula Prado sinalou que o PP levará "a voz de Galicia" e defendeu que esta formación "merece" gañar as eleccións. "España está onde está grazas ao PP", recalcou ao erixilo como unha formación que "di a verdade" os cidadáns fronte a partidos "con falsas primarias".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
9 DE SEPTIEMBRE
Bachillerato pierde alumnos por primera vez en la historia
10.000 RACIONES
Sanxenxo pone 17.000 huevos en una tortilla de patatas gigante
SENDERO DE DIFÍCIL ACCESO
Evacuada en helicóptero una mujer tras sufrir una indisposición en el Monte Pindo (A Coruña)
ESTALLIDO EN UN TRANSFORMADOR
Vídeo | Desatado un incendio en la subestación eléctrica de Tibo, en Caldas de Reis
Lo último