TRES COCHES IMPLICADOS
Una colisión múltiple en Tomiño deja tres heridos, uno de ellos excarcelado
Y EL RESTO DE SU CARTERA DE INVERSIONES
Para levar esta nova dirección incorporou, procedente de Banco Pastor, a Ana José Varela, respecto a quen o presidente da Fundación Barrié e do Pastor, José María Arias, resaltou a súa 'experiencia e preparación académica' para liderar este 'estratéxico departamento'.
Coa creación desta nova dirección, a Fundación Barrié quere reforzar a súa estrutura financeira tras a integración de Banco Pastor no grupo Banco Popular, segundo subliñou tamén José María Arias a través dun comunicado.
CURRÍCULO
Ana José Varela, MBA pola Universidade de Columbia en Nova York, deixa o cargo de directora da Oficina de Xestión Estratéxica en Banco Pastor. Licenciada por ICADE en Administración de Empresas e Dereito (e-3), foi arcea pola Fundación Barrié para cursar o citado MBA en Estados Unidos.
Varela, natural de Lugo, iniciou a súa carreira profesional en The Boston Consulting Group, onde ocupou diferentes cargos de responsabilidade, asesorando multinacionais en proxectos de estratexia en sectores tan diversos como a banca, a distribución, as telecomunicacións ou institucións sen ánimo de lucro.
Incorporouse a Banco Pastor en 2001 na área de Recursos Humanos para despois ocupar distintos postos directivos en empresas do grupo; como a Dirección de Control de Riscos de Pastor Vida, onde se responsabilizou da posta en marcha do proxecto de Solvencia II. En 2008 incorporouse á Dirección de Planificación e Control para facerse cargo, entre outros, da posta en marcha e xestión da Oficina de Xestión Estratéxica.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TRES COCHES IMPLICADOS
Una colisión múltiple en Tomiño deja tres heridos, uno de ellos excarcelado
HASTA EL 4 DE SEPTIEMBRE
Abierto el plazo para optar a dos plazas de ingeniero técnico en el Sergas
Lo último
FESTAS MARÍA PITA
Concierto de Ángel Stanich
FAMILIA
Espectáculo “A maxia que conta”
FESTA DO PULPO
Tapa de pulpo gigante de Carballiño 2026
GASTRONOMÍA Y TRADICIÓN
Fiesta Mexicana de Avión 2026