Galicia acollerá outros 26 menores migrantes non acompañados
Conferencia Sectorial de Infancia e Adolescencia
Fabiola García, conselleira de Política Social e Igualdade, confirmou que Galicia acollerá outros 26 nenos, nenas e adolescentes migrantes non acompañados
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, acompañada do director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou no Pleno da Conferencia Sectorial de Infancia e Adolescencia celebrado esta tarde. Na reunión, confirmou que Galicia acollerá outros 26 nenos, nenas e adolescentes migrantes non acompañados (NNAMNA) chegados a Canarias e Ceuta, ante a saturación dos recursos destes territorios.
A conselleira defendeu que acoller aos menores non acompañados "é unha cuestión de humanidade e que Galicia sempre demostrou e demostrará que é unha comunidade responsable, á altura das circunstancias e, sobre todo, solidaria". Ao mesmo tempo, apuntou, "seguiremos reclamando ao Goberno central os medios e os recursos necesarios para atendelos durante todos os anos que formarán parte do sistema galego de protección".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
LAS BANDAS DEL ESTE, EN ACCIÓN
Una banda asalta tres casas en solo dos horas en un pueblo de Allariz
REFLEXIONES DESDE LA DIÁSPORA
CODEU señala la falta de representación política de la diáspora española y su distanciamiento de los partidos