O gasto en prevención de lumes forestais medra un 50% ata chegar aos 75 millóns
FAIXAS AUXILIARES
O orzamento para este ano en prevención de lumes incrementouse nun 50% con respecto ao de 2025.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, salientou este xoves que o orzamento en prevención de incendios forestais para este ano, que se incrementou nun 50% con respecto ao de 2025 ata chegar aos 75,38 millóns de euros. Fíxoo en Ponteareas, onde comprobou as tarefas que se están a realizar neste eido por parte do persoal do Distrito Forestal XVII O Condado-A Paradanta na parroquia de Guláns.
Explicou que se está actuando nas faixas auxiliares de pistas forestais coa roza de marxes para reducir a vexetación, co obxectivo mellorar os accesos ao monte e dispoñer de zonas máis seguras para o tránsito do persoal do dispositivo de loita contra os incendios. Os traballos de roza estanse realizando con maquinaria pesada punteira e complétanse con tarefas manuais a cargo dunha brigada.
Gómez destacou que, aínda que a maior parte das accións preventivas de xestión da biomasa corresponden aos propietarios e aos concellos, desde o Goberno galego todos os anos realízanse actuacións propias como a xestión de cortalumes, de pistas forestais ou de puntos de auga. Unhas accións que cualificou como “prioritarias” para a Administración autonómica, que segue a traballar para afondar na prevención e extinción de incendios forestais.
De cara a apoiar a particulares e municipios nas súas obrigas, Gómez lembrou o novo convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias, asinado a finais do pasado ano co Seaga, o cal conta cun orzamento anual de 25 millóns. A maiores animou aos concellos que aínda non se adheriron, a que se incorporen a este convenio, como así o solicitou xa o concello de Ponteareas. A través desta colaboración, o Goberno galego brinda apoio a localidades e propietarios para realizar estas tarefas e cumprir así as súas obrigas por lei.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
"VULNERADA LA IMPARCIALIDAD"
La nueva presidenta del Contencioso del TSXG aparta al juez Villares de la sección encargada de eólicos
QUEDÓ SEMIINCONSCIENTE
Herida grave una septuagenaria en Tomiño tras ser atacada por una decena de perros
Lo último
LOS LIBROS QUE LEO
"Cartas a un joven poeta" para una búsqueda de la paz interior
OBRAS Y SOCAVONES
Ourense, la ciudad de las vallas infinitas