As Letras Galegas de 2025 renden tributo ao cancioneiro popular galego
“Foron creadoras e transmisoras de arte e beleza malia a vida difícil que lles tocou vivir”, di a RAG
A Real Academia Galega (RAG) dedicará no ano 2025 o Día das Letras Galegas ao cancionero popular. Así o decidiu o pleno da institución reunido onte en sesión ordinaria e anunciouno, en rolda de prensa, o presidente da institución académica, Víctor F. Freixanes. Esta proposta de poesía oral, impulsada pola académica Ana Boullón, xa concorreu o ano pasado.
“Foron creadoras e transmisoras de arte e beleza malia a vida difícil que lles tocou vivir. A través delas, Adolfina e Rosa Casás Rama (Cerceda), Eva Castiñeira (Muxía), e Prudencia e Asunción Garrido Ameijende e mais Manuela Lema Villar --as tres Pandeireteiras de Mens (Malpica de Bergantiños) falecidas hai máis dunha década–, a Real Academia Galega renderalles homenaxe no Día das Letras Galegas 2025 ás cantareiras e á poesía popular oral”, di o comunicado da RAG informando da elección das cantareiras e a poesía popular oral.
A sesión plenaria ordinaria, celebrada onte no pazo de María Pita (A Coruña), referendou unha candidatura múltiple representativa “das moitas persoas, sobre todo mulleres, que por toda Galicia coidaron, arrequentaron e transmitiron” unha tradición centenaria que segue a deixar pegada nas novas xeracións.
O vindeiro 17 de maio dialogará asemade coa modernidade de artistas que hoxe exploran novos vieiros para a literatura de base popular partindo da tradición recibida, sempre unida a outro tesouro patrimonial colectivo: a música.
Foi unha elección inesperada, mais suscitará, con certeza, un amplo consenso.
A saia das avoas
“A lingua galega continuou viva e vizosa durante séculos, malia as prohibicións e a súa desaparición do espazo oficial, porque o pobo galego a custodiou. En particular as mulleres preservaron a lingua e crearon anonimamente unha poesía popular transmitida nas cantigas das avoas ás netas, das nais ás fillas, dunhas veciñas a outras”, salienta a proposta aprobada.
Nela enlázase a celebración vindeira coa deste ano a través dun verso de Luísa Villalta que sintetiza ese herdo transmitido dunha xeración á outra: “As coplas aprendidas na saia da avoa”, di a Academia Galega.
Anonimato
Cantareiras e pandeireteiras xorden no contexto das rogas, os traballos de axuda mutua entre a veciñanza da sociedade labrega, na que a conclusión desas tarefas se celebraba con música e baile. Pero cando a finais do século XIX os coros compilaron as músicas populares, a imaxe que se fixou como icona foi a do gaiteiro que, acompañado co tambor, exercía o seu oficio no espazo público, ignorando as achegas da cantareiras e pandeireteiras, relegadas á esfera privada. Por iso, aínda habendo un enorme número de mulleres que compuxeron e transmitiron cantigas populares, a maioría delas permaneceu no anonimato.
A Academia lembra ademais o labor de recuperación desta tradición. Desde o traballo realizado pola musicóloga suíza Dorothé Schubarth e o académico fonsagradino Antón Santamarina, autores da recolleita e edición nos anos 80 do século pasado da biblia do noso folclore, o “Cancioneiro popular galego”, até as iniciativas de Milladoiro, que subía aos escenarios a Eva Castiñeira quen, canda a súa sobriña, foi a primeira pandeireteira en actuar cun grupo folk. Antes, dende os primeiros 70, actuarían en palcos folclóricos as Pandeireteiras de Mens. A historia destas cinco mulleres foi recuperada na presente década nun libro de Beatriz Busto Miramontes.
“Estas e moitas outras iniciativas de persoas que foron recollendo os cancioneiros populares por todo o país contribuíron a visibilizar a enorme riqueza dunha expresión colectiva deostada durante séculos”, di a RAG.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
3.000€ POR BENEFICIARIO
Las ayudas de la Xunta para mejorar la imagen de las viviendas se podrán solicitar en enero
Lo último
La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, domingo 21 de diciembre?