Medio Rural lanza o primeiro curso en liña especial de viños
FORMACIÓN EN LÍNEA
A iniciativa busca promover os viños galegos, protexidos por denominacións de orixe e indicacións xeográficas
A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, a través da Consellería do Medio Rural, lanzou un curso de formación en liña dirixido a promover e dar a coñecer os viños de Galicia. Este programa de formación, que conta co apoio da escola Galicia Wine Academy, está destinado tanto a profesionais do sector vitivinícola como a afeccionados ao viño. O curso afonda en aspectos clave da viticultura galega, como as variedades autóctonas de uvas, o clima, a historia do viño na rexión, as técnicas de elaboración tanto tradicionais como modernas, e as tendencias do mercado.
O curso impartirase a través dunha plataforma dixital accesible en liña, onde os participantes poderán acceder a clases en vídeo gravadas nas principais zonas vitivinícolas de Galicia. Ademais, inclúese material complementario, como entrevistas con expertos, reportaxes exclusivos e formación en técnicas de cata profesional. O curso ofrece dúas opcións: un programa gratuíto de “Introdución aos Viños de Galicia” e un curso máis completo, o “Especialista en Viños de Galicia”, que está deseñado para aqueles que desexen afondar máis no tema.
Galicia Wine Academy, que leva máis de 2.000 estudantes formados desde 2017, reforza o seu compromiso coa formación na cultura do viño galego, ofrecendo proximamente unha versión en inglés dos cursos para facilitar o acceso a interesados internacionais. Esta iniciativa enmárcase no crecemento do interese pola especialización en viños de diversas rexións e no aumento do e-learning en Europa, que crece un 7% anual.
A iniciativa busca promover os viños galegos, protexidos por denominacións de orixe e indicaciones xeográficas, a nivel nacional e internacional, reforzando o recoñecemento da rexión como unha das zonas vitivinícolas máis singulares de Europa. Ademais de contribuír á formación especializada, o curso pretende fomentar a valoración e o consumo dos viños galegos dentro e fóra da comunidade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DÍA DE LAS FUERZAS ARMADAS
Samil resiste a los elementos en el Día de las Fuerzas Armadas
LISTADO COMPLETO
Buscador | Consulta aquí las 506 zonas de baño en Galicia 2026
Lo último
OPOSITOR CUBANO
Ferrer sostiene que España es “cómplice” del castrismo
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Rosa y el susurro de las mañanas
José Luis Gómez
CUENTA DE RESULTADOS
Zapatero, un mal gestor de la economía