RESCATE DE LA AUTOPISTA
Puente descarta rescatar el peaje de la AP-9 por su coste
BELÉNS DE INTERESE TURÍSTICO
Beléns para visitar, mercados para comprar agasallos e actividades de ocio para gozar en familia forman parte da programación "Nadal en Galicia" promovida por Turismo de Galicia coa que pretende aglutinar diferentes propostas co gallo destas datas nas catro provincias e animar aos galegos e visitantes a coñecer o destino poñendo así en valor o seu potencial turístico.
A Xunta convida nesta campaña que arrancou este mércores a visitar, entre outros, os dous beléns recoñecidos de interese turístico. Trátase do Belén Artesanal en Movemento de Valga, caracterizado por incorporar elementos da actualidade, con escenas locais da zona e personaxes ilustres do municipio, de Galicia e do resto de España. Gran parte delas están en movemento e destaca polo seu carácter popular e participativo coa implicación dos seus veciños. Nesta edición, ocupa un papel fundamental a solidariedade coa Comunidade Valenciana, que segue a sufrir as consecuencias da dana.
Tamén a localidade lucense de Begonte conta co mesmo recoñecemento. Nel destacan as súas pezas artesanais e mecanismos con figuras feitas polos veciños que se renovan cada ano. Desde a súa orixe creceu tanto que a sala adxacente está dedicada ao Museo do Belén. De feito, alí tamén se pode ver o primeiro mecanismo que movía esta estrutura nos setenta así como as antigas pezas que van sendo retiradas. En total, ocupa 150 metros cadrados e ten máis de 150 figuras.
Súmanse a esta programación outras propostas de beléns destacados nas catro provincias, así como os mercados con artesáns, produtores, comerciantes que exhibirán e venderán os seus produtos locais, pezas e coleccións de autor nas principais cidades.
A artesanía alimentaria tamén terá un protagonismo específico en Vigo, Ribadavia, Lugo e Santiago de Compostela e os artesáns e produtos de Artesanía de Galicia ocuparán un espazo propio tamén na cidade herculina, en Tui, en Viveiro e na capital de Galicia.
Para os máis pequenos e para gozar en familia, "Nadal en Galicia" inclúe a programación "Nadal no Gaiás", "Yule. Un Nadal viquingo no Gaiás" e "Galiverso de Nadal", todas elas na Cidade da Cultura.
A guía tamén recolle citas doutros departamentos da Xunta de Galicia, coma a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
Turismo de Galicia promove un ano máis unha programación ampla e variada inspirada nos elementos tradicionais destas datas na procura de seguir traballando na desestacionalización da oferta e acadar así un nivel de ocupación e visitas homoxéneo durante todo o ano.
Distintas opcións de lecer familiar, exposicións, obradoiros, contacontos, espectáculos, degustacións, xogos tradicionais, son algunhas das actividades recollidas nesta programación que se poderá gozar desde este mércores ata pasado o día de Reis de 2025.
"Nadal en Galicia" inclúe a edición dunha guía que está dispoñible na páxina web de Turismo de Galicia con toda a información. Enmárcase no compromiso da Xunta de Galicia por facer de Galicia un destino atractivo en distintos momentos do ano para repartir temporalmente a chegada de viaxeiros e tamén os beneficios económicos que supón para as distintas localidades.
Artesanía.
Da Néboa Experience. Praza de María Pita, A Coruña. 21 y 22 de decembro. Actividades para todos os públicos. Unhas actividades que comprenden talleres, degustacións e mercado con produtos de calidade.
Mercado de Nadal en Tui. Paseo da Corrredoira. Tui (Pontevedra). Do 30 de novembro ao 5 de xaneiro.
Mercado de Nadal “A Trastenda de Nicómedes”. Edificio praza do Concello. Viveiro. Do 20 de decembro ao 4 de xaneiro.
Mercados de Artesanía Alimentaria. Para poñer en valor produtores galegos con pequenas producións e cunha forma de fabricación que recolle a tradición local ou a innovación pero limitando o emprego de aditivos ou mejorantes artificiais. Horarios dispoñibles: de venres a domingo, en horario de 11:00 a 14:00 horas e pola tarde de 16:00 a 20:00. do 29 de novembro ao 1 de decembro
Vigo. Peirao do Comercio. Do 29 de novembro ao 1 de decembro.
Ribadavia (Artesanía, saber e sabor). Locais comerciais do centro histórico, Praza Maior e Igrexa da Madalena da localidade ourensá. Do 6 ao 8 de decembro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RESCATE DE LA AUTOPISTA
Puente descarta rescatar el peaje de la AP-9 por su coste
GRAVEDAD DE LAS LESIONES
Muere la mujer apuñalada en A Coruña por su compañero de piso, que también provocó un incendio
Lo último