Noriega remarca que o candidato de En Marea será determinado "polo proceso"
POLÍTICA / GALICIA
O primeiro edil compostelán mostrou o seu "máximo respecto" polas decisións do líder de AGE no Parlamento galego.
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reiterou hoxe "que o mellor candidato" para a Marea, para as eleccións autonómicas, "vai ser o que determine o proceso", e preferiu non pronunciarse sobre a posibilidade de que Xosé Manuel Beiras repita como cabeza de lista.
Noriega contestou así ao ser consultado polas declaracións do histórico político que nunha entrevista coa Radio Galega apuntou que aínda que a súa candidatura "non é verosímil", sería "estúpido dicir non" ao ser considerado un "factor de unidade" pola esquerda.
Neste senso, o primeiro edil compostelán mostrou o seu "máximo respecto" polas decisións do líder de AGE no Parlamento galego.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ASUSTADAS POR EL LOBO
Un operativo de película, con helicóptero incluido, rescata vacas despeñadas en Taboada
Lo último
86.000 SOLDADOS EN EUROPA
EEUU retirará 5.000 de sus soldados de Alemania en plena revisión de su presencia militar en Europa
"ME GUSTA TERMINAR EL TRABAJO"
Trump apunta que EEUU podría tomar el control de Cuba "casi de inmediato"