INFORME SOBRE LA CONSERVACIÓN
Madrid choca otra vez con el norte por el estatuto del lobo
POLOS DE EMPRENDEMENTO
Galicia reafírmase no seu compromiso co emprendemento como un motor clave para a xeración de emprego e riqueza. No centro desta estratexia atópase a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego, unha iniciativa que, dende o seu nacemento en xullo de 2022, se converteu nun referente para os emprendedores galegos. Esta rede, que ofrece asesoramento gratuíto e individualizado, non só apoia a quen busca dar os seus primeiros pasos empresariais, senón que tamén presta axuda a aqueles proxectos xa consolidados que precisan un impulso para seguir crecendo. O seu gran obxectivo, ademais, é dinamizar a economía local e fixar poboación no rural, combatendo así o desafío demográfico.
Dende a súa posta en marcha, os polos atenderon máis de 4.800 proxectos nas súas 15 oficinas activas no territorio. A provincia de Ourense conta con catro sedes (O Carballiño, Baños de Molgas, O Barco de Valdeorras e Verín), a de Pontevedra con tres (Silleda, O Porriño e Vilanova de Arousa), a da Coruña con outras tres (Ferrol, Coristanco e Melide) e a de Lugo con cinco (Friol, Mondoñedo, Sarria, A Fonsagrada e Monforte de Lemos).
A nivel cuantitativo, os datos subliñan o éxito da iniciativa en Ourense, onde atenderon máis de 900 proxectos. Un dos datos máis significativos é a alta participación feminina, con máis do 55% dos proxectos liderados por mulleres, demostrando o potencial do talento emprendedor.
O sector servizos é o máis representado, seguido de preto pola hostalaría e o comercio, reflectindo as tendencias económicas e as necesidades do tecido empresarial local. Dentro do asesoramento directo, a actividade dos polos inclúe a organización de case 3.000 titorías e ademais neles lévanse organizado máis de 440 actividades, entre reunións con entidades ou sesións de formación e eventos de networking.
A Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego consolídase así como unha ferramenta indispensable para o emprendemento, ingrediente fundamental para o desenvolvemento económico e social.
Sarah-Jane Borcuk iniciouse como autónoma na artesanía da madeira no 2020, “mala época, foi difícil” e chegou ó polo de emprendemento do Barco de Valdeorras a finais do 2022. “Entereime polo xornal, que o abriran xusto ao lado onde teño o taller, entón dixen: teño que ir ver de que vai isto”.
Deste xeito descubriu un espazo pensado para “asesoramento, acompañamento e resolver calquera dúbida que teñas; por exemplo, non sabes facer facturas, eles poden botarche unha man, meterte nunha rede de contactos…”. Este foi o obxectivo co que se achegou á oficina, pero acabou atopando “moito máis que asesoramento e acompañamento”. Para Sarah Borcuk a Rede de polos de emprendemento “foi un descubrimiento que foi unha pena que non os coñecer en 2020 cando comecei”.
Nestes máis de dous anos de acompañamento, a valoración de Sarah é moi positiva, tanto a nivel persoal como para o seu negocio. “Podo dicir que no polo de emprendemento, polo menos as persoas que están aquí na oficina do Barco teñen unha vocación, unhas ganas de axudar que realmente pois é o que máis me gusta de poder estar metida nisto”. En termos empresariais, “teño visto como vai e pouco a pouco o meu negocio, a miña pequena marca de artesanía, vai medrando pouquiño a pouco” grazas ós consellos, “o apoio, esas palmadiñas na espalda ou mesmo ese ‘Non Sara, mellor non, isto non é tan boa idea’. Ese golpe de realidade, tamén é moi bo”, explica.
O Campiño é unha pensión en réxime de apartamentos que se atopa na súa primeira fase. Detrás del están Rosa Rodríguez e a súa parella, que se namoraron dunhas casas en Trasmiras no ano 2021. “Vinas e díxenlle que tiñamos que mercalas”, pero as obras para o seu proxecto turístico non comezaron ata o 2024. “Pedimos unha subvención á Xunta, pero retrasouse todo pola pandemia”, explica.
“Entre permisos e unha cousa e outra rematamos a obra en xaneiro, Turismo deunos a licencia en abril e o primeiro hóspede tivémolo en maio e, despois, xullo e agosto, a verdade é que moi contentos”, conta Rosa. Neste tempo, os visitantes do Campiño, “puxéronnos moi boas reseñas e a todo o mundo lle gusta moito”.
Na Rede de polos de emprendemento comezaron “hai pouquiño, non coñeciamos esta oficina de Verín e recomendóunola unha rapaza de aquí, de Trasmiras”. Non tardaron en poñerse en contacto e comezar o proceso de asesoramento, subvencións ou sinerxias; déronnos “unha orientación para saber cara a onde tiñamos que ir”. Rosa Rodríguez amósase “encantada”, tamén con “Brais e Ángela, que son moi majos”. Da man delas agarda poñer pronto en marcha a segunda fase do proxecto “que empezaremos cando teñamos posibilidades” e que lles permitirá ampliar a súa capacidade hoteleira.
O caso de Pedro González é o dun legado familiar. Foi o seu bisavó, farmacéutico de Allariz, o que iniciou o negocio de licores e preparados para licores artesanais “Alí facía preparados de herbas para facer licor e niso foi traballando o meu avó, despois o meu tío comezou a comercializar os licores e agora vendemos as dúas cousas, tanto os preparados para facer o licor coma os propios licores”, explica. Trala xubilación do seu tío o ano pasado, Pedro, que levaba 10 anos vivindo fóra, “decidín volver para aquí e retomar o negocio”.
En Zirall había “bastantes cousas que modernizar” e niso comezou traballando arreo “coas portas pechadas durante uns seis meses” para traballar en tódolos ámbitos, “tanto na producción, como renovar a imaxe e tamén financieiramente, que quizais foi o máis complexo, para conseguir financiación e poñer isto en marcha de novo”.
Ós polos de emprendemento chegou da man do Igape, onde solicitou unha subvención para poder financiar o relanzamento dos licores Zirall. “A min correspóndeme o polo de Baños de Molgas, que foi o que me recomendaron e axudáronme a xestionar o tema da subvención, preparar o plan financieiro, que tamén é útil para o meu negocio, para ter un pouco de visibilidade e saber cales son as cifras que podo manexar”. Por todo isto, a valoración de Pedro González é “moi positiva”. Da súa experiencia salienta “o meu contacto, José Manuel, que é unha persoa moi implicada, fai todo moi áxil e os seus consellos son moi útiles”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INFORME SOBRE LA CONSERVACIÓN
Madrid choca otra vez con el norte por el estatuto del lobo
NACE LA PLATAFORMA "PRESENTES"
"Máis referentes, máis presentes" reivindica el papel de la mujer con talentos en el acto por el 8M de la Xunta
Lo último
La Región
Algunas ourensanas reivindicadoras
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este domingo, 8 de marzo
CITA INTERNACIONAL
Segundo día en pista del Mundial Virtus en Ourense