ACCIDENTE DE TRÁFICO
Muere una persona atropellada por una moto en A Coruña
PLAN LINGÜÍSTICO
A Xunta de Galicia presentou este mércores a actualización do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, un documento de máis de 400 páxinas que recolle arredor de 700 medidas para impulsar o uso do galego durante a próxima década. O texto esperabase dende hai oito meses, e con él o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, remite a posibilidade de revisar o chamado decreto do plurilingüismo (2010) baixo unha negociación politica e "con consenso". Preguntado por se o Goberno galego contemplará o galego en asignaturas de ciencias, o conselleiro respondeu: “El plan recoge ese escenario”. Polo tanto, entre as propostas figura a posibilidade de introducir cambios na normativa educativa que permitan impartir calquera materia en galego, sempre que exista consenso político.
López Campos, asegurou que o Goberno galego está disposto a negociar co resto das forzas políticas representadas no Parlamento unha modificación do actual decreto do plurilingüismo, en vigor desde 2010. Iso si, matizou que calquera cambio deberá contar coa "unanimidade necesaria".
A proposta inclúe tamén medidas para reforzar a presenza do galego nas plataformas dixitais, favorecer o seu uso nos espazos sociais e desenvolver un novo marco normativo e lexislativo que actualice as políticas lingüísticas ás necesidades actuais. Ademais, prevé actuacións en ámbitos como a xustiza, a Administración ou as novas tecnoloxías, así como unha planificación orzamentaria para garantir a súa aplicación.
O Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega pódese consultar neste arquivo:
No plano educativo ábrese a posibilidade de abordar calquera materia en galego.
Durante a presentación do plan, celebrada na Cidade da Cultura, López Campos definiu o documento como a "folla de ruta" da lingua galega para os próximos dez anos e apelou ao consenso de todas as forzas políticas para convertelo nun "gran pacto social".
O traballo foi coordinado polo catedrático Manuel González e contou coa participación de 140 expertos distribuídos en once comisións sectoriais, ademais da colaboración de máis de 200 entidades. Segundo explicou o filólogo, a actualización responde aos profundos cambios sociais vividos en Galicia nas últimas dúas décadas, entre eles a menor presenza do galego nos ámbitos urbanos, o impacto das tecnoloxías e o aumento da diversidade demográfica.
“Froito deste traballo participativo e aberto hoxe contamos cun documento moi ambicioso que nos permitirá marcar a folla de ruta das políticas lingüísticas para a vindeira década”, apuntou o conselleiro López Campos. Trátase, tal e como explicou, dunha proposta que inclúe medidas estratéxicas e na que se sentan as bases “para posibles decisións que se poidan tomar no futuro para poder atender os retos e desafíos da lingua nos vindeiros anos “.
Sobre a posibilidade de impartir todas as materias en galego, o conselleiro insistiu en que o plan non modifica directamente o decreto do plurilingüismo, aínda que si abre a porta a "axustes" que permitan actualizar a normativa dentro dun novo marco de consenso.
En canto a poñer o foco en diversos sectores profesionais, o representante do Goberno galego destacou que entre as achegas proponse a creación dun selo para negocios que acrediten o uso do galego no tecido socioeconómico, “de maneira que as empresas comprometidas coa lingua poidan ter acceso a algunhas vantaxes nos trámites da Administración autonómica”. Tamén salientou o ámbito da sanidade, concretando a opción de crear un servizo lingüístico propio no Sergas “que se uniría aos cursos que temos en marcha para o persoal sanitario para favorecer a comunicación na lingua propia”.
O texto contén tamén medidas no eido da xustiza, facendo fincapé na implantación en galego do novo sistema procesual Atenea “coa intención de permitir que os procesos xurídicos se poidan desenvolver no noso idioma e no que desde o Goberno galego xa levamos meses poñendo todos os nosos medios”, sinalou López Campos, que tamén deu conta do impulso dunha Lei da Lingua que complemente a Lei de Normalización Lingüística de 1983 “que non se modifica por ser unha das fundacionais do noso marco xurídico autonómico”.
Entre outras accións, durante o acto tamén se deu a coñecer a posibilidade de crear dous órganos. Trátase, por unha banda, tal e como apuntou o representante do Executivo autonómico, do Consello Social da Lingua Galega “como un espazo de participación sectorial creado pola Xunta para ter un foro plural e de participación cidadá que xere información, opinión e proxectos de impulso social do galego”, e por outra dun instituto que coordine a proxección exterior de Galicia e da súa lingua e cultura ao igual que teñen outras comunidades con lingua cooficial. A isto hai que sumarlle, dixo, “a intención de continuar tecendo lazos coa lusofonía, que nos abre ao mundo a través dunha comunidade de máis de 270 millóns de persoas de fala portuguesa”.
El documento ya ha sido entregado al presidente del Parlamento gallego para que los grupos políticos puedan analizar y debatir su contenido.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Muere una persona atropellada por una moto en A Coruña
PLAYAS CERCA DE OURENSE
Dos refugios naturales de Galicia: el paraíso surfero de Ferrol y la ribera estival de Verín
REPARTOS "SIN DATOS CIERTOS"
Galicia "cumplirá la ley" en el reparto de menores migrantes, pero demanda planificación y financiación
Lo último