Queremos Galego impulsa unha Iniciativa Lexislativa Popular para “blindar” o galego
ACCIÓN COLECTIVA
A plataforma Queremos Galego avisa á Xunta: “Incumprir o Plan non ten custes, mais incumprir a lei, si”.
Queremos Galego anunciou en rolda de prensa a primeira acción colectiva nacida do Protocolo Lingua Vital; a presentación en setembro dunha Iniciativa Lexislativa Popular. A plataforma de defensa da lingua dará a coñecer o texto da ILP en setembro, xunto coas persoas e colectivos sociais que forman parte da comisión promotora.
Marcos Maceira, presidente da A Mesa pola Normalización Lingüistica e voceiro de Queremos Galego, avanzou que os principais obxectivos desta ILP serán reverter as normas contra o galego e a emerxencia lingüística, blindar os acordos a favor do galego e garantir os dereitos lingüísticos. “Existe unha distorsión entre o que din os plans e a realidade legal da nosa lingua”, lamentou Maceira, “e precisamos que a lei ampare e asegure o cumprimento dos acordos estabelecidos a favor do galego”. “Incumprir o Plan non ten custes”, recoñeceu, “incumprir a lei, si”.
Maceira foi duro na crítica ao goberno galego. “Desde 2004 e desde 2024 vese a falta de palabra e de interese do goberno do PP en actuar a favor do galego”, asegurou. “A acción da Xunta foi contraria a calquera obxectivo normalizador fixado nos acordos nacionais e internacionais”, criticou. “Incumpriron ata os seus propios documentos e prazos”, recordou, “incluíndo a revisión do Plan de Normalización que ía estar lista a finais do pasado ano”.
Segundo o portavoz de Queremos Galego, “unha das medidas máis urxentes para dar cumprimento ás resolucións do Consello de Europa e da ONU, que incluirá a proposición de Lei Lingua Vital, e a derrogación do decreto 79/2010, recoñecendo o galego como lingua vehicular e de acollida en todos os niveis”, asegurando a docencia en todos os cursos, ofrecendo formación do profesorado e información a familias, reclamou o voceiro.
No relativo aos servizos públicos, a iniciativa popular ve preciso blindar a oferta positiva na administración, xustiza e sanidade; asegurar a presenza do galego nos programas informáticos e introducir cláusulas lingüísticas nos contratos públicos. As entidades sociais do Protocolo Lingua Vital exixen, asimesmo, o fortalecemento dos servizos de normalización lingüística e a sistematización de programas específicos para as persoas inmigrantes que chegan ao noso país.
A ILP tamén exixirá a reversión da lei de medios públicos, recoñecendo o papel do galego como lingua exclusiva da CSAG e emendando a lei de IA. Tamén pedirá investimento público en oferta cultural en galego, cotas de dobraxe, lexendaxe e financiamento antecipado, exhibición de filmes en galego nas salas e protección da nosa lingua nas actividades deportivas.
“Perante a emerxencia lingüística”, rematou Marcos Maceira, “só hai unha alternativa: o protocolo lingua vital, elaborado por 70 entidades co apoio de 396, parte dos acordos e engade 300 medidas novas que comprometen entidades sociais e institucións”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
Examen de comienzo de curso
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Ilegalizar a UPG (Ou que perda a súa condución de partido político)
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Apoyo al HADO
EXPANSIÓN DEL UNIVERSO
La tecnología será una solución