RESCATE DE LA AUTOPISTA
Puente descarta rescatar el peaje de la AP-9 por su coste
XVIII ASEMBLEA NACIONAL DEL BNG
A líder dos nacionalistas galegos, Ana Pontón, reivindicou este domingo o seu liderado á fronte dun BNG "máis forte" no "organizativo", o "social" e o "electoral" e avisou á militancia de que "non hai nada máis revolucionario que chegar ao goberno".
No seu discurso na apertura da XVIII Asemblea Nacional que o Bloque celebra no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, situou ao BNG nun "momento histórico" e afirmou que "non hai nada máis revolucionario que chegar ao goberno para crear un escenario capaz de frear o espolio, normalizar a lingua, pór o país a producir e conseguir un concerto económico ou uns novo estatutos de nación que mellora a vida dos galegos e galegas".
Para iso, sostivo que "só hai un camiño" e que pasa por "seguir sumando a máis persoas ao proxecto común". E é que, segundo indicou, nestes últimos anos, con máis de 1.400 novas incorporacións desde a última asemblea, o BNG conseguiu chegar cunha "política nacionalista a amplos sectores da sociedade galega". E iso, segundo indicou, "é o que pon nervioso ao PP, que sabe que en Galicia hai un rival, o BNG". "Pois que o teñan claro, imos a por todas, todos a un tempo, a por todas", proclamou.
Ante máis dun milleiro de militantes de todo o territorio galego e no arranque do máximo órgano de decisión do BNG, Pontón puxo en valor o momento que vive a formación, que atribuíu á "valentía" das decisións colectivas tomadas cando había quen situaba ao Bloque como "un barco á deriva con risco de afundirse".
"Desde fóra e desde dentro había quen daba ao BNG por morto e amortizado. Había quen propuña que nos retirásemos aos cuarteis de inverno, pensando que o barco do BNG non resistiría as tempestades da invernía", sostivo.
Neste contexto, e en alusión ás mareas e proseguindo co símil naval, sinalou que había persoas que "propuñan buscar un remolcador de empresa" para que os leva directamente "ao despezamento". Con todo, dixo que "oito anos despois, nin retirado nin despezado. Con máis iniciativa e impulso está o BNG", subliñou.
Dixo que este "espectacular avance" débese á liña política posta en marcha en 2016 pola formación -ano no que a política natural de Sarria asumiu as rendas do Bloque na Asemblea que a organización celebrou no Palexco da Coruña-.
"Unha liña clara e actualizada, unha forma diferente de facer política, firme pero amable, empatizando cos problemas e aspiracións da cidadanía que nos está permitindo chegar a máis sectores da sociedade de galega", afirmou.
Pontón sostivo que este logro non lle fai caer ao BNG nin no conformismo nin na comparecencia, porque o obxectivo non é limitarse a sumar máis deputados e deputadas, senón disputar a hexemonía ao PP para liderar o goberno do país en 2028.
"Imos a por todas cun BNG que hoxe é unha organización sólida e estable, coas portas abertas de par en par á sociedade, porque todas as persoas que cren neste país, que traballan e loitan para levantalo, todas, absolutamente todas, teñen cambia no BNG", subliñou para deixar claro que a tarefa prioritaria é "seguir dirixíndose á sociedade coas mans abertas, cun sorriso na boca, con propostas claras e sen porse límites".
Pontón finalizou o seu discurso cun recoñecemento expreso ao traballo das mulleres do BNG, ao sinalar que o "espectacular avance" da formación coincide cun momento no que as mulleres asumen a parte que lles corresponde nos postos de responsabilidade".
Ademais, deixou claro que o BNG é unha fronte "patriótico de afiliación individual". "De tal modo que, sen discutir nin minusvalorar aos colectivos, todas e cada unha das persoas que forman o Bloque están en igualdade de condicións e unha das tarefas prioritarias da organización debe ser incorporar á máxima actividade política a todas as persoas que conforman o Bloque Nacionalista Galego".
XVIII ASEMBLEA NACIONAL
Centos de persoas congregaron este domingo no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago para participar na XVIII Asemblea Nacional do BNG, unha cita que reuniu a militantes e simpatizantes da formación nacionalista para elixir os órganos de dirección.
Deste xeito, son tres as candidaturas ao Consello Nacional que concorren nesta cita e que están encabezadas pola actual portavoz nacional, Ana Pontón; a deputada autonómica Noa Presas e o portavoz municipal en Mos, Gustavo Barcia.
O regulamento do Bloque marca que será elixida portavoz nacional a persona que figure no número uno da lista máis votada e prevese que salga ratificada a actual xefa de filas da formación, Ana Pontón.
Ao redor das 10,30 horas deste domingo e após a aprobación do regulamento da Asemblea e da reprodución do Himno Galego, Pontón foi a encargada de pronunciar o discurso de apertura, no que asegurou que os cambios "ás veces tardan en chegar máis do que deberían, pero chegarán".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RESCATE DE LA AUTOPISTA
Puente descarta rescatar el peaje de la AP-9 por su coste
GRAVEDAD DE LAS LESIONES
Muere la mujer apuñalada en A Coruña por su compañero de piso, que también provocó un incendio
Lo último